Nome do autor:Fran

Ruta por Cervantes

Ruta polos montes de Cervantes

A ruta comeza moi preto de Pedrafita do Cebreiro, nunha aldea do concello de As Nogais que se chama Pintinidoira (que nome máis fermoso!). Aínda que practicamente todo o percorrido é polo concello de Cervantes. É unha ruta na que chama poderosamente a atención a paisaxe de montaña e durante o […]

Ruta polos montes de Cervantes Ler máis »

Pazo de Albariña. Foto Jaime

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta

Ruta dos tres pazos Ler máis »

Camiño de San Rosendo IV

Camiño de San Rosendo IV. De Celanova a Parderrubias

Con este percorrido completamos o camiño entre Santa Comba de Bande e a cidade de Ourense, que comezamos en febreiro do ano pasado. Antes de comezar a xornada, non me resistín ir visitar de novo o impresionante claustro de San Salvador, o que aproveito para comentaros un acontecemento que me

Camiño de San Rosendo IV. De Celanova a Parderrubias Ler máis »

Ruta polo canón do río Mao

Ruta polo canón do río Mao

Aínda que pareza incrible…. por fín! Este sábado tivemos un día estupendo para desfrutar do sendeirismo. E de novo á Ribeira Sacra! pero desta vez fomos á beira ourensá do outro gran río de Galicia, o Sil, e máis concretamente ao concello de Parada de Sil para admirar dun dos enclaves

Ruta polo canón do río Mao Ler máis »

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I

Esta ruta tiñamos pensado facela o sábado 8 de febreiro, pero por mor do tempo tan nefasto que estamos a ter neste inverno, decidiuse aprazala para este primeiro sábado de marzo. Para isto, fomos percorrer parte do sendeiro PR-G 162 en O Saviñao, concello enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I Ler máis »

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño

Aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo como Xerardo, Suso, Manolo ou eu, e algún máis como Jaime, Manolo e Alejandro, desprazámonos ata Cans, en Ponteareas e fixemos a ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño que o Xerardo tiña gañas de

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño Ler máis »

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Os montes da Ruña érguense por riba dos 600 m, e son un miradoiro fantástico sobre a comarca do Xallas. Pasamos tamén pola fermosa devesa de Anllares, que é o bosque atlántico máis occidental de Europa. Lonxitude da ruta: 15 km Desnivel: medio (principalmente de subida) Dificultade: media A ruta comeza en Olveiroa, no concello de Dumbría.

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares Ler máis »

Camiño de San Rosendo III

Camiño de San Rosendo III. De Parderrubias a Ourense

Na primeira ruta de 2014 percorremos o camiño de San Rosendo entre A Merca e Ourense, e para iso tivemos que madrugar un pouquiño, pois saímos ás oito da mañá camiño de Parderrubias. A miña curmá Marisa agasalloume con este poema de Celso Emilio Ferreiro, moi acaido tanto por ser

Camiño de San Rosendo III. De Parderrubias a Ourense Ler máis »

Roteiro Fin de Ano. A Pedra Serpal. Foto: Felipe

Roteiro Fin de Ano. A Pedra Serpal

A derradeira ruta de 2013! A pesares de non termos unhas previsións meteorolóxicas que invitasen ir camiñar, coma sempre, saímos de Santiago ás nove da mañá dende a piscina universitaria, e chegamos ao mesmo lugar un pouco antes das duas da tarde, pois hai que cumprir coa familia nun día tan

Roteiro Fin de Ano. A Pedra Serpal Ler máis »

Scroll ao inicio