Nome do autor:Fran

Na Laxa das Rodas

Andaina por Muros, Laxa das Rodas, Monte Louro

Xa ven sendo tradición que un grupo de membros da USC aproveitamos a celebración do San Tomé de Aquino para facer unha escapadiña e ir camiñar, con xantar incluido. Desta vez fomos dar un paseo circular duns 18 km, guiados por Antón Lado (un muradán de pro) que, aproveitándonos da súa dispoñibilidade, levounos pola fermosa […]

Andaina por Muros, Laxa das Rodas, Monte Louro Ler máis »

Ruta pola Serra do Candán. Grobas

Ruta pola Serra do Candán. Grobas

Comezamos as andainas deste ano voltando á Serra do Candán, que xa nos deixara un grato recordo aló no decembro de 2013 coa subida ao Monte Coco, polo que tiña moitas gañas de volver a esta zona; nesta ocasión, o obxectivo é ir visitar a aldea abandonada de Grobas, cun alto interese natural, que leva

Ruta pola Serra do Candán. Grobas Ler máis »

Pena de Fornos. Santalla de Bóveda

Pena de Fornos. Santalla de Bóveda

Xa hai anos que visitamos o monumento de Santalla de Bóveda, un dos nosos tesouros histórico-artísticos que, curiosamente, non é moi coñecido. Iniciamos a xornada facendo a visita a este edificio de época tardo romana da man de don Nicandro Ares, membro correspondente da RAG e estudoso da toponimia galega que, a pesares

Pena de Fornos. Santalla de Bóveda Ler máis »

Complexo dunar do Monte Branco

De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros

Seguimos coñecendo a nosa costa percorrendo o Camiño dos Faros. Nesta ocasión comezamos no porto de Corme e imos ata Cabana. O percorrido vai por zonas de alto interese paisaxístico como por exemplo o estuario do Anllóns, e pasa pola vila de Ponteceso. O día foi perfecto para facer este tramo, pois regalounos

De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros Ler máis »

Monte Xiabre. Ruta nocturna

Monte Xiabre. Ruta Nocturna

Lonxitude: 13 km aprox. Desnivel: medio (principalmente de baixada) Dificultade: media-baixa As valoracións sobre a dificultade están feitas para unha ruta diurna, a iso hai que engadirlle a dificultade que ten o camiñar pola noite. É imprescindible levar linterna e algún elemento reflector. Saímos de Santiago a primeira hora da tarde

Monte Xiabre. Ruta Nocturna Ler máis »

Polas Fragas do Eume

Ruta polo Parque Natural de Fragas do Eume

Desprazámonos desta vez ata As Neves, capital municipal do concello da Capela, para facer unha das rutas que paga a pena facer en Galicia, pois ímonos adentrar no Parque Natural das Fragas do Eume, declarado Parque Natural en 1997 e que constitúe a mellor representación do bosque Atlántico Termófilo de

Ruta polo Parque Natural de Fragas do Eume Ler máis »

Monte Capeloso

Monte Capeloso. Entre o Cebreiro e o Courel

Viaxamos ata o concello de Pedrafita do Cebreiro, municipio fortemente influenciado pola súa relevancia no Camiño de Santiago, e comezamos a nosa ruta en Zanfoga, para facer un percorrido circular entre a parte norte do Courel e a zona do Cebreiro, que inclúe a subida ao cumio do Capeloso (1598 m), dende onde

Monte Capeloso. Entre o Cebreiro e o Courel Ler máis »

Scroll ao inicio