Braña de Vilforcos
O domingo tiñamos pensado facer unha actividade con raquetas de neve nas proximidades da estación de Leitariegos, pero por mor da cantidade de neve que había na estrada e ante a posibilidade de quedar aillados co autobús decidimos deixar esa experiencia para outra ocasión (outro motivo máis para voltar).
- Lonxitude da ruta: 10 km aprox.
- Desnivel: medio
- Dificultade: media-alta (polo desnivel)
Pasamos entón a facer o Plan B, que consistía en achegarnos co autobús a Rioscuro, a escasos 4 quilómetros de Villablino, e dende ahí subir polo camiño que leva ata a braña de Vilforcos. Este camiño tamén se usa para ascender ao Cueto Nidio, mole de máis de 1600 m que está xusto ao sur de Villablino. Nós só fixemos o camiño ata a braña. Esta ruta non ten maiores dificultades salvo os desniveis iniciais que son fortes, pero a amplitude do camiño (pista) facilita o ascenso.
Gran parte del transcorre por zona boscosa moi ben conservada onde predominan os carballos e aínda se pode observar algún exemplar de gran porte. A neve caída durante a noite e a que caía nese intre fixo que a paisaxe fose como de conto!
Algunhas das casas da braña están restauradas e atópanse nun lugar idílico. Estas restauracións leváronse a cabo en moitas brañas da zona de Laciana. É un xeito interesante de cambiar a utilidade das mesmas e deste xeito poder conservalas xa que son elementos moi importantes do patrimonio cultural.
Antigamente estas casas usábanse dende finais da primavera ata o comezo do outono como refuxio, xa que os brañeros subían o gando ata alí para que se alimentase con pasto de altura, que ó parecer engorda máis. Pouco a pouco a gandeiria foi desaparecendo e as brañas deixaron de ter a súa utilidade e co paso do tempo foron derrubándose. O relativo doado acceso a estas brañas a través de vehículos 4×4 fixo que se puidesen restaurar para utilizar como pequenas residencias de verán onde os donos das mesmas poden pasar días de relax e ocio.
A ruta son case 5 quilómetros ata a Braña e logo compre facer o descenso polo mesmo sitio. En total uns 10 quilómetros con 400 m de ascenso positivo e outros tantos negativos.
Esta ruta é sen dúbida algunha unha estupenda opción para facer o que máis nos gusta: camiñar.
Qué beleza de paisaxe!!!. As fotos lévanme á lembranza e a nostalxia da miña infancia en Cuenca, a neve tiñámola dabondo e disfrutabámola coma vos o fixechedes no roteiro. Grazas, moitas grazas e ¡a seguir disfrutando!!!
Grazas Fran por estas publicacións ¡
Canto máis vou a Villablino máis me gusta, canto máis camiñamos por alí, máis me dou conta do que nos queda por camiñar ¡ E iso que nos estamos a centrar na comarca Lacianiega, pero alí ao seu carón está Babia ¡ Outro tesouro…
Creo que sí, que pagará a pena voltar en outono e ver eses bosques…
Agardo que a pesares da meteoroloxía que tivemos, todos os participantes na actividade quedasen contentos e satisfeitos.
A Babia téñolle unhas gañaaas! Eu creo que a satisfación foi moi grande en xeral, pois xa sabiamos o tempo que íamos ter… , creo que tamén é moi bonito ter certo grao de improvisación, non cres? Saiu todo mallado!
No outono máis!