Monte Louro a Carnota

29-01-2011
Gaivotas
Gaivotas en Lariño
  • Lonxitude: 20 km aprox.
  • Desnivel: non ten
  • Dificultade: media-alta (varios km pola area das praias)

Despois de tomar o café de rigor e dar un paseo pola vila de Muros, esta ruta comezámola rodeando o monte Louro, partindo da aldea que leva o mesmo nome. Logo fomos camiñando pola costa, cruzando as praias de Area Maior, Ancoradoiro, Lariño…. e zonas de coídos ata chegar a Portocubelos, preto de Lira, que conta cun hórreo que rivaliza co de Carnota.

Desde aquí continuamos ata a praia de Carnota, situada nun enclave privilexiado, vixiada polo monte Pindo, percorréndoa en gran parte. Este último tramo da ruta, está incluído na Rede Natura 2000, polos seus altísimos valores naturais e paisaxísticos.

Evidentemente, rematamos na mesma vila de Carnota, visitando o seu famoso hórreo construido no 1760 e declarado Monumento Nacional.

Ruta do val do río Aviouga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio