Zona de Cabo Home, Donón

12-11-2012
Zona de Cabo Home, Donón

Desprazámonos ata o concello de Cangas para comezar a ruta, aínda de día, en O Hío e collemos dirección, entre lusco e fusco, ao monte Facho onde chegamos xa coa noite enriba. Dende alí camiñamos ata Cabo Home e despois ata a praia de Barra para rematar en Nerga. O obxectivo desta novidosa actividade é disfrutar da natureza durante a transición entre o día e a noite e durante a noite mesma, que recomendo facer!

  • Lonxitude da ruta: 14 km aprox.
  • Desnivel: baixo-medio
  • Dificultade: baixa-media

Hai en Cangas un conxunto monumental de extraordinaria importancia, o que podemos contemplar na parroquia do Hío, onde atopamos o cumio da arte popular en Galicia, O Cruceiro de Hío, obra do mestre Cerviño, que compre admirar de vagar as súas numerosas figuras e múltiples rostros que o animan compoñendo a historia da redención dos homes. Como sinala Hipólito de Sá Bravo, é un poema de teoloxía escrito en pedra. De finais do século XIX (1872), a escultura é marcadamente barroca polo aire teatral que lle imprime aos seus conxuntos o autor.

A parroquia do Hío deléitanos tamén coa súa natureza, así os cantís da Costa da Vela, (O parque Natural das Dunas de Barra e Costa da Soavela, abarca a liña costeira desde Limens ata Cabo home, incluíndo os sistemas dunares de Barra (segundos en importancia da provincia) e os cantis da costa da Soavela), dunha beleza sobrecolledora abrirannos o camiño para ascender ata o cume do O facho en O Hío. No seu cumio hai restos dun importante asentamento castrexo, que medio intuimos.

Dende o Monte Facho pódese contemplar (non hoxe evidentemente), ademáis das Illas Cíes e Ons, unha panorámica impresionante que abarca gran parte das Rías Baixas. A súa proximidade ás Illas Cies e as Illas Ons confírelle un carácter moi mariño, ao acharse rodeada de mar, Océano Atlántico ao Oeste, Norte e Sur, e a Ría de Aldán ao Leste. Xa metidos na noite, continuamos camiño ata Cabo Home e Punta Robaleira escoitando permanentemente o bater das ondas aos nosos pés e apreciando por momentos un ceo estrelado marabilloso, libre de contaminación lumínica. Xusto en fronte temos as Illas Cíes que case podemos tocar coas mans e ao carón a Praia de Melide, que cruzamos, ata chegar a Cabo Pequeno, onde fixemos unha breve parada para cear e coller forzas para rodear a Enseada de Barra percorrendo a praia de Barra e rematando na de Nerga, onde demos por rematada a andaina sobre as 10.30 da noite.

Moitas grazas, Víctor, por esta novidosa actividade, pois permitiunos gozar da natureza noutro momento do día, a noite, que fixo que agudizáramos máis os sentidos, sobre todo o do oido, pero tamén o da vista e o do olfato (ese olor a mar é imborrable), e que polo día non nos decatamos tanto.

Postpost: Dada a miña habilidade para a fotografía nocturna, seguro que algún/ha camiñante/a ten fotos que queira poñer. Se vos animades, póñoas encantado!


Ver Ruta Nocturna. Zona de Cabo Home. Donón nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

4 comentarios sobre “Zona de Cabo Home, Donón”

  1. Rocío Ramos

    “La noche es la mitad de la vida y la mejor mitad” Goethe

    Gracias a Victor por el impresionante roteiro nocturno y a Fran por este espacio maravilloso.

  2. Fran, dende logo esa zona é un tesouro da nosa costa, tanto de noite, como de día…
    Creo que a xente disfrutou, o cal me alegra moitísimo.

    Vémonos pronto.

    Unha aperta ¡

  3. Desta vez soamente falta a Santa Compaña ¿nonsí?. Nas fotos 5, 8 e 9 da páxina 2 de verdade que parece que a Santa Compaña vai sair dun momento a outro. Un montón de bicos

  4. Hola Fran, buenos días a tod@s!
    A pesar de las nuevas condiciones de la ruta fue toda una muy grata experiencia que espero repetir y compartir con todos vosotros.
    El paraje impresionante de noche, espero ir pronto de día y quedar más maravillada todavía…! Gracias!
    Esperamos fotos del próximo fin de semana!;)
    Un abrazo,
    Jana

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio