Ruta polas Médulas e o seu entorno

Ruta polas Médulas e o seu entorno

Como me gustan as rutas de fin de semana, e estas foron das que se saborean de verdade! Fomos ata as Médulas, lugar pertencente ao municipio de Carucedo, na Comarca do Bierzo, e estivemos aloxados en réxime de media pensión no Hotel Medulio (con boas instalacións, pero a atención podía estar mellor…).

  • Lonxitude da ruta: 15  km aprox.
  • Desnivel: medio-baixo
  • Dificultade: media-baixa

A xornada do sábado dividiuse en dúas partes. Unha vez instalados no hotel, desprazámonos ata o Centro de Recepción de Visitantes para facer primeiramente a Senda das Valiñas, un curto percorrido polas Médulas acompañados dunha guía especialista, Arancha (parabéns!), que nos amosou os puntos máis interesantes. Moi recomendable esta opción de visitar a Zona con guía especializado, e moi recomendable tamén para visitar por centros educativos. A Senda das Valiñas, é a máis utilizada polos visitantes xa que é moi sinxela e conduce aos puntos do interior das Médulas como a Cuevona, un dos lugares que máis impresiona por ser a galería de maior altura de todas as existentes, e a Encantada, sendo unha ruta circular con regreso ao mesmo punto de partida.

A Zona Arqueolóxica das Médulas foi declarada “Patrimonio da Humanidade” pola UNESCO o 4 de decembro de 1997.

“En el término de Médulas se encuentran vestigios de grandes trabajos en la esplotación de las minas de oro y plata que tanto renombre han dejado… En todas las montañas mencionadas hay señales de algunos trabajos mineros hechos por los romanos, los cuales sacaron una cantidad de oro que parece fabulosa. Además de las minas de este metal, abandonadas hoy, y otras de plata que es fama existen hacia Salas de la Ribera y Puente de Domingo Flórez …” (MADOZ, P. Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus Posesiones de Ultramar (León) – 1845-1850).

As Médulas son os restos dun xacemento de ouro aluvionar, que deixou a paisaxe que hoxe en día se pode contemplar. Para a extración do ouro, a través de canles, moitas delas excavadas en rochas e que chegaron a acadar máis de 100 km, os romanos trasvasaron auga dos ríos e regatos, que transportaban dende os montes Aquilianos por unha complexa rede de canles ata o lugar da explotación; esta auga era almacenada nuns depósitos desde os que se valeiraba sobre as galerías, previamente construidas na montaña, derrubándoa debido á súa presión e producindo un gran arrastre do conglomerado aurífero do que se separaban os cantos rodados que se amontonaban en “murias”; este conglomerado aurífero era conducido ata as canles de lavado denominadas “agogas”; ao final das canles se depositaban os fangos e lodos. Debido a elo a auga acumulábase dando orixe a lagos artificiais como o Lago Sumido, Carucedo… Este método, chamado de ruina montium, consiste en traballar a mina arrincando de arriba a abaixo capas sucesivas de lama.

Se vos lembrades, foi o mesmo método utilizado polos romanos na mina da Lama, pola que pasamos en febreiro deste ano cando fixemos o roteiro pola Pobra do Brollón, e percorremos un pequeno tramo cara a Ponte de Barxa, que coincidía co Camiño de inverno a Compostela.

O enorme traballo de enxeñaría realizado para a extracción do mineral supuxo unha gran destrución do medio ambiente, pero deu como resultado unha paisaxe grandiosa e espectacular de terras “roxizas”, perfectamente integrada coa vexetación de castiñeiros e carballos.

Despois de xantar, fixemos a ruta perimetral polas Médulas, o que nos permitiu poder desfrutar das súas variadas paisaxes e ver dende outra perspectiva os conceptos que se explicaron pola mañá e poder comprender globalmente o resto da paraxe en calquera dos seus puntos (sistemas de explotación, depósitos, canles, evacuación de estériles…).

 

Ver Ruta polas Médulas nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

5 comentarios sobre “Ruta polas Médulas e o seu entorno”

  1. Qué preciosidad de sitio y qué estupendas fotografías Fran. Como siempre dicen Asterix y Obelix ¡están locos estos romanos!,

  2. Qué fotos preciosas, entre las nubes, los árboles y el color de la tierra ! Algunas tienen una luz increible.. Comparto para que las disfrute más gente.

  3. Marisa Tomé del Río

    Fran, como siempre unas fotografías increíbles, cuando las veo con mis amigos alucinan. Gracias sigue así

  4. Fran, unhas fotos magnificas. Gustaronme especialmente as dos Montes Aquilianos, recollen a luz que nos tivemos dun modo espectacular.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio