Semana Santa en Sanabria. Ruta ao Pico Bubela
- Lonxitude: 10 km (máis 6 km, se se vai ata a lagoa de Sotillo)
- Dificultade: Baixa-Media
- Desnivel: Medio
O Pico Bubela e o seu cordal ata a Peña Resbalada son uns estupendos miradoiros naturais sobre o lago de Sanabria e toda a zona.
A ruta iníciase en Ribadelago Nuevo, e comeza subindo entre bosques, pasando pola lagoa de Carros, ata chegar á zona alta, moi preto do cumio do Pico Bubela. Dende aquí, en caso de dispoñer de tempo, pódese achegar ata a Lagoa de Sotillo. Logo hai que continuar polo cordal, en dirección Leste, ata coller o camiño que nos leva de volta ata Ribadelago.
Como todas as rutas, esta ten un alto interese natural e paisaxístico. Predominan os camiños bos, aínda que poden ter lama.
[…] Xa no domingo 31, librando da choiva e viaxando no bus baixo un impactante arco da vella, ascendemos ben amantados (case non nos recoñeciamos) e con enerxía tras o almorzo, cos efectos do cambio da hora nas nosas costas, cara ao Pico Bubela a través do cordal ata a “Peña resbalada” (ruta que remataba preto de “Levanta piernas”) o que nos provocou risas comentando as nosas preferencias no autobús 😉
Dende enriba contemplamos magníficas vistas do lago de Sanabria e a súa contorna (de novo a fervenza de Sotillo ao lonxe). Xa en Ribadelago nuevo, onde chegamos para xantar (pois polo mal estado dos camiños decidiuse que non iamos percorrer os 6 km ata a lagoa de Sotillo), algúns foron ata Ribadelago viejo e outros dedicámonos a facer sobremesa, eu especialmente entrando en calor tras o “bautismo” que recibín por esvarar nunha pedra e sentar nun regato a menos de 100 m da chegada, a miña única caída nas rutas (segundo Mareque adoita pasar sempre cara ao final por confiármonos… ). Desfrutamos algúns da gastronomía auténtica nun restaurante en Ribadelago Nuevo, onde non faltaron “habones”, “truchas con jamón” e mesmo un caldiño galego ben quente, xenuíno e saboroso….
Na viaxe de volta merendamos pastas de Sanabria que nos trouxeron Fina e María, non faltou detalle… lembrar as anécdotas das rutas, os chistes picantes de sempre, que nos fixeron rir mil veces, moitas gargalladas e xoldra coma sempre…. que ben o pasamos!
Ver Ruta ao Pico Bubela nun mapa máis grande
Que sorte tivemos co tempo nesta ruta dentro de que cabe….¡
Creo que foi un bo final de festa.
Por certo, sabio consello o de Mareque… leva toda a razón…
Non temos que confiarnos ata chegar ao bus. Agora ben, non precisamente neste caso tivo que ser este o motivo.
Unha aperta
Se cadra non foi pola emoción da chegada…en realidade, segundo Virtu, era a representación da versión moderna do conto de Carrapuchiña Vermella. Moito rimos!!! 🙂
Por moitas máis coma esta Víctor!