
Seguimos polodo Parque Natural dos Arribes do Douro. O venres 3 foi a xornada máis completa de todas. Sairon no bus dende Moralina ata Fariza, onde pararon para facer a primeira ruta pola mañá: dende Fariza de Sáyago ao miradoiro das Barrancas.
- Lonxitude: 16 km (5 km en Fariza e 11 en Fermoselle)
- Dificultade: Baixa-Media
- Desnivel: Baixo-Medio
É un itinerario sinxelo e moi fermoso. Comeza á beira dun regueiro, por zona de ribeira e vai ata unha ermida. Ao pouco chégase ao miradoiro, onde poideron desfrutar dunhas vistas impresionantes do canón do Douro.
O bus recolleunos logo na ermida e levounos ata Fermoselle onde visitaron a Casa do Parque. Despois fixeron a segunda ruta, un percorrido polos arredores de Fermoselle, pasando por diferentes zonas e visitando dous impresionantes miradoiros.
Fermoselle é unha das vilas máis bonitas do parque natural. Cando remataron a ruta houbo tempo para visitala: as súas rúas, as súas igrexas, as ruínas do seu castelo…
Esta ruta ten un altísimo valor natural, paisaxístico e cultural.
Copio a información da FUSCD para ilustrar as rutas, con fotos de Xerardo, Elena e Carmen.
- Track GPS. Fariza-Mirador de las Barracas
- Track GPS. Fariza-Mirador de las Barracas (Compromido)
- Track GPS. Fermoselle-Mirador de las Escaleras
- Track GPS. Fermoselle-Mirador de las Escaleras (Comprimido)
- Mapa. Fariza-Mirador de las Barracas
- Mapa. Fermoselle-Mirador de las Escaleras e ruta de Socastillo
Galería
