
Esta semana santa, do 2 ao 5 de abril, os compañeiros de sendeirismo da USC foron de rutas por terras de Zamora, máis concretamente foron desfrutar do Parque Natural dos Arribes do Douro.
Xoves 2. Viaxe e Ruta a Villadepera. O xoves ás 08:00 sairon cara a Moralina de Sayago, en Arribes del Duero. Moralina é un pobo típicamente zamorano. Logo de instalarse no centro de turismo rural fixeron a súa primeira ruta: De Moralina a Villadepera.
- Lonxitude: 12 km
- Dificultade: Baixa
- Desnivel: Baixo
É un percorrido sinxelo e fermoso que serve como toma de contacto coa paisaxe que atoparon ao longo dos días no parque natural. Comeza na localidade de Moralina e vai atravesando dehesas e ribeiras así como zonas altas.
Un pouco antes de rematar achegáronse ao mirador de Peña Centigosa, dende onde hai unhas fermosas vistas do Douro e da famosa ponte de Requejo, impresionante obra de comezos do século XX. A ruta é preciosa e ten un alto valor natural e paisaxístico.
Copio a información da FUSCD para ilustrar as rutas, con fotos de Xerardo, Elena e Carmen.
- Track GPS. Moralina-Villadepera
- Track GPS. Moralina-Villadepera (Comprimido)
- Mapa. Moralina-Villadepera
Galería
