A ruta do sábado foi a máis longa das que se fixeron. Comeza na vila de Torregamones, a 3 quilómetros de Moralina, e vai ata Peña Redonda, un dos miradoiros máis fermosos e impresionantes dos Arribes do Douro.
- Lonxitude: 16 km
- Dificultade: Baixa-Media
- Desnivel: Baixo-Medio
O percorrido lévanos por unha cómoda pista ata Os Chiviteros, construcións típicas que usaban os pastores para protexer o seu gando. Sería moi interesante que, se alguén quere, contara a anécdota co cabreiro…
Despois continuaron ata Peña Redonda, miradoiro espectacular e lugar moi interesante pola presenza de restos castrexos e unha ermida. O regreso faise por un sendeiro sinalizado, que vai entre dehesas e ribeiras.
Percorrido polo Douro e visita a Miranda do Douro
O domingo, percorrido en barco polo Douro e visita a Miranda do Douro. Esta xornada adicouse a coñecer o río e o seu canón cun percorrido en barco. O embarcadoiro está situado na beira portuguesa, ao carón de Miranda do Douro.
Ao rematar a ruta fluvial visita á vila, que conta cun interesantísimo casco histórico amurallado. Logo de visitala emprendeuse o regreso a Santiago.
A información é da FUSCD para ilustrar as rutas, con fotos de Xerardo, Elena e Carmen.
- Track GPS. Peña Redonda por Chiviteros
- Track GPS. Peña Redonda por Chiviteros (Compromidos)
- Mapa. Peña Redonda por Chiviteros
Galería
