Ruta por Muxía

Ruta por Muxía

Como final de “campaña” e despedida antes das vacacións, uns cuantos fomos facer unha ruta circular por Muxía, que foi preparar Suso.

O tema xurdiu o día que Belén convidou ao viño para celebrar as boas novas médicas. Falouse de empanadas, e Suso lembrou a que fan en Muxía e a xente, que estaba con fame, apuntouse rapidamente á idea de facer unha andaina para rematar xantando a empanada… A cousa tíñase que levar a cabo antes das vacacións, no primeiro sábado libre, e gañou o 20.

Quedamos sobre as 9:30 en Muxía na de Loló, na que nos agardaban unhas mesas con café + zume + tarta + froita + auga, antes do comezo da ruta… este Suso pásase organizando.

Despois de tomar o café, saímos da praza do Coído, pasando logo pola fermosa praia de Lourido, o alto do Facho, cun km de subida do 20%! Dende o alto hai boas panorámicas, pero foi unha mágoa pois estaba cuberto a primeira hora e non pudemos admirar a paixase dende alí. Xurarantes, Oruxo, baixamos ata Moraime que, por sorte, atopamos aberto pois estaban celebrando o Santo Antonio de Padua e confirmando aos nenos da parroquia. Agardamos a que rematara a misa, xa que había que enredar un pouco con Selvita, gran muller. Como o tempo víñasenos enriba, fomos a escape ata a Pena da Forca, Capela de S. Roque, Chorente… chegando a xantar pasadas as 14:30.

Os de Loló ofrecéronos o seguinte menú:

  • Aperitivo (ensaladilla, salpicón, croquetas).
  • Empanadas de millo variadasde polbo e xarda
  • Raxo con patacas.
  • Degustación de postres caseiros.
  • Café de pota e chupitos
  • Viños

Logo da longa sobremesa, fomos pasear pola vila ata a Barca e, como non había gañas de que rematara o día, acompañamos a Suso ata Cee a tomarlle a penúltima, mentres agardaba que o viñeran buscar dende Sardiñeiro e… logo camiño para casa pola costa nunha tarde esplendorosa. Creo que non había millor broche posible!

Ruta do val do río Aviouga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio