Ruta das Esquivadas


2.471 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (1 votos, media: 5,00 de 5)
Loading...
Logo da pantagruélica cea, co almorzo pasounos algo parecido: froita variada, torradas, marmelada, margarina e bica con café con leite, cacao…. pero había que coller forzas para enfrontarnos ao monte das Esquivadas. Viva Casa Gerardo!!

Ruta de As Esquivadas

Comezamos a ruta mesmo en Celeiro (Chandrexa) pasando pola aldea de A Ventosa e subindo cara o monte de As Esquivadas. Logo, xa descendendo, pasamos polas aldeas de Parafita, Casteligo e Bozqueimado. As paisaxes durante todo o percorrido son moi amplas e fermosas, así como as diferentes aldeas que imos visitando.
Camiñamos por zonas altas con pastizais e monte baixo, e corredoiras entre bosques.
Por certo, trouxen unha bica da panadería “Chandrexa” recén feita, algo superior. Boísima!!!


Ver Chandrexa de Queixa-Ruta das Esquivadas nun mapa máis grande



Galería

Ruta das Esquivadas


Deixa un comentario

*