Ruta da Vía Nova (Pobra de Trives)

27-11-2011
Ruta da Vía Nova (Pobra de Trives)
O Domingo 27 fixemos a ruta da Vía Nova. Despois de dar un pequeno paseo por Trives Vello e de admirar as súas rúas e arquitectura ben conservada en xeral, desprazámonos uns 2,2 km no autobús en dirección A Rúa (C-236) ata a Ponte Cabalar, onde comezamos o percorrido.
  • Lonxitude da ruta: 15 km aprox.
  • Desnivel: medio (de subida e de baixada)
  • Dificultade: media

Por Trives pasa a vía romana chamada Vía Nova ou Vía XVIII do Itinerario de Antonino, exemplo claro da presenza romana neste territorio, máis intensa aquí que noutras comarcas de Galicia. Era unha das máis importantes da Gallaecia romana e tiña como obxectivo unir dúas capitais de conventos, Bracara Augusta e Asturica Augusta. Na Ponte Cabalar só quedan restos da antiga ponte romana, pero o que sí paga a pena é ir, como fomos, polo tramo da calzada romana co empedrado orixinal.

Batemos de contado cunha paisaxe de impoñentes encostas. Este percorrido en descenso levounos entre aldeas e soutos e entre viñedos, e entre escopeteiros apostados neste tramo do Coto do Río, agardando polo xabarín. No remate da baixada, e para salvar o Bibei, os romanos construíron unha espectacular ponte que aínda se conserva, unha das obras máis importantes desta Vía XVIII.

A ponte romana foi declarada Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1931, hoxendía segue en uso, sendo a ponte millor conservada da Península, xunto coa Ponte de Alcántara. Pertenceu probablemente á época de Traxano, construíndose, crese, entre o 114-119 d.C. Á súa beira hai un miliario de Tito e Domiciano, do ano 80 d.C. e unha columna honorífica co nome do emperador Traxano. Aquí, ademáis de repoñer forzas, poidemos recrearnos coa estupenda paisaxe.

Reiniciado o camiño, un pouco máis adiante logo de cruzar o regato de Peneda, comezamos a subir por zonas de viñedos ata o alto da Mata, onde as vistas son fermosas e amplas. Hacia un lado Manzaneda e o Bibei e hacia outro, os Codos de Larouco, que o P. Feixóo considerou como a oitava marabilla de Galicia, que alude ao sinuoso trazado da vía romana. A ruta actual, a C-536, que une Larouco con Pobra de Trives, segue case en forma exacta, o trazado orixinal, podéndose divisar como os codos abrazan as ladeiras e se adaptan a elas, creando unha paisaxe única.

Agora toca baixar novamente entre bancais e paramos a xantar moi perto dos viñedos da adega que a familia de Adolfo Domínguez ten alí, recuperando moitos dos espectaculares bancais de sinuosas formas extendidos polas ladeiras.

Unha vez abaixo, retomamos o camiño en ascenso entre viñedos, que nos levou de novo ata a aldea de Sobrado, pasando polo Pazo de Barbeirón e a Igrexa de San Salvador, onde rematamos a actividade.

Cargados de Bicas a reventar, como os turistas de Mallorca coas ensaimadas, e logo dunha parada técnica en Castro Caldelas para tomarnos a cervexa de rigor (e mercar máis bicas… ), iniciamos o regreso cara a Compostela. Fin de semana completa!

 


Ver Ruta da Vía Nova (Pobra de Trives) nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

1 comentario sobre “Ruta da Vía Nova (Pobra de Trives)”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio