Ruta dos Tres Ríos (Touro)

03-12-2011
Ruta dos Tres Ríos (Touro)

Logo dun pequeno retraso, pois estaba sen avisar o autobús, partimos sobre as dez de Santiago camiño de Touro, pero repuxémonos convenientemente cun café, con pastel, no Café-Bar-Panadería A Peneira.

Comenzamos a camiñar xusto en Fonte Díaz (Touro), ata chegármos á área recreativa da ponte de Santaia, que é onde comeza realmente a Ruta dos Tres Ríos (PR-G 121), sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo. Esta vai seguindo o curso do río Lañas ata a súa desembocadura no río Ulla.

  • Sábado, 3 de decembro de 2011
  • Lonxitude: 12 km + 4 km
  • Desnivel: medio-baixo
  • Dificultade: media (ven dada polo terreo irregular)

O camiño é variado, e case todo o traxecto vai por un fermoso sendeiro rodeado de bosque autóctono. É un camiño para sendeiristas con gañas, pois ten algúns desniveis e para facilitar a súa superación foron colocadas escaleiras e pasarelas de madeira que fan o camiño relativamente cómodo.

Pasamos por algún dos muíños que noutrora concentraban parte da actividade diaria dos veciños da zona. As augas do río Lañas alimentaron o Muíño de Santaia, e os da Carballa, restaurado na súa totalidade, entre outros.

A fervenza coñecida como Salto das Pombas, constitúe unha paraxe de incrible beleza, e é outro dos atractivos deste entorno. Situada no lugar coñecido como Montes de Fao, ten unha caída de dez metros de altura.

Así mesmo, o sendeiro ofrece espazos naturais de gran beleza entre frondosos bosques, onde antigamente se apañaban leña e castañas. Logo de percorrer todo o tramo do Lañas dende Santaia, paramos a repoñer forzas fronte á súa desembocadora no río Ulla, nun entorno de enorme beleza.

No tramo do Ulla fomos po un precioso sendeiro ata chegar a Ponte Basebe. Este é o punto final da ruta, pero decidimos facer un pequeno tramo circular de catro quilómetros, no que poidemos observar algún resto das antigas pesqueiras… e algunha que outra tala dun sobreiral case esquilmado substituído por plantación de eucalipto que non se debería permitir. Para rematar esta desfeita, peregrinación de quads e motos pola ruta. Ata cando se vai permitir esta actividade polo monte!

 


Ver a Ruta dos Tres Ríos nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

5 comentarios sobre “Ruta dos Tres Ríos (Touro)”

  1. Rocío Ramos

    Ya quedamos más tranquilos.
    Estás en el momento justo en el lugar preciso, no se como lo haces..
    Tenias razón la de la telaraña es alucinante.

    1. Grazas Rocío! Estou a facer cambios na presentación do blog. Espero que gusten. Polo menos, as páxinas non tardan en cargar tanto como antes.

  2. Coincido con Rocío…yo también estoy enganchada a tu blog!!…y espero con ansia cada “nuevo capítulo”!!

    La verdad es que esta ruta fue preciosa!!…y una lección de ciencias naturales sobre el terreno, por la cantidad y variedad de setas, helechos,etc. que había!

    Las fotos preciosas…y resumen a la perfección la ruta!!

  3. Para min foi unha gran ledicia descubrir un roteiro tan fermoso moi preto de onde nacín e tan preto de Santiago.
    Este blog é unha boa forma de dalo a coñecer… GRAZAS FRAN.
    Entre todos teremos que contribuir a preservalo dos ataques dos eucaliptos e dos quads

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio