Roteiro por Compostela. Polos parques e xardíns de Compostela

Roteiro por Compostela. Polos parques e xardíns de Compostela

Santiago conta con 2.200.000 metros cadrados de espazos verdes. As maiores superficies localízanse perto de lugares urbanizados como Fontiñas ou a Alameda, con 85000 m². A Almáciga, Bonaval e o Campus norte son outras das grandes superficies arboladas que invitan ao paseo.

O martes 18, fixemos un interesante percorrido por parte dos parques e xardíns da nosa cidade para gozar do outono, aínda incipiente. Un xeito perfecto de pasar unha agradable tarde, ¡que máis se pode pedir?

Comezamos, coma case sempre, na Piscina Universitaria, e logo de pasear polo campus e Alameda baixamos ata o parque de Galeras, finca de Vista Alegre (fermoso o edificio do Museo Luís Iglesias), e o Eugenio Granell. Aquí xa comezamos a subir por Vite ata Ponte Mantible e a Almáciga, dende onde hai unhas vistas da cidade espectaculares. Logo baixamos ata o parque de San Domingos de Bonaval e demos por finalizado o roteiro no de Belvís.

Para rematar, e xa empeza a ser costume, unhas cervexas no Domínguez, e esta vez acompañados por Víctor!

  • Lonxitude: 8 km aprox.
  • Desnivel: Moi baixo
  • Dificultade: Baixa

Ruta do val do río Aviouga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio