Ascenso ao Monte Enxa (Porto do Son)

15-10-2011

O Sábado 15/10/2011 fixemos o ascenso ao Monte Enxa en Porto do Son.

  • Lonxitude da ruta: 15 km aprox.
  • Desnivel: medio (forte nalgúns puntos, tanto subindo como baixando)
  • Dificultade: media (polos tramos de forte pendente)

Unha ruta circular de alto interese paisaxístico, que comezamos na vila de Porto do Son (despois dun suculento almorzo en casa Rosa). Pouco a pouco iniciamos a subida, o que nos permitiu ter unhas vistas excelentes de toda a ría de Muros. Pasamos por aldeas, como Cabanela ou Sendín, piñeirais, zonas de pastos… Na primeira parte poidemos observar un enorme exemplar de sobreira (que non souben fotografar moi ben)

Sen presas, chegamos ao cumio do Enxa, onde as vistas xa foron insuperables e o campo de visión moi amplo. Ata o Enxa fixemos 9 km, alternando tramos de forte pendente con algúns sen case desnivel, que aproveitamos para ir recuperando forzas. No Monte Enxa atópase a sede do Centro de Salvamento e Socorrismo de Fisterra (que non é un faro!), ao que fixemos unha visita moi interesante guiados polo subdirector do centro.

A baixada fixémola pola parte oposta do monte o que nos ofreceu unhas vistas excelentes. A ruta rematámola en Porto do Son, onde algún aproveitou para bañarse, por se xa era o último baño do ano.

 


Ver Monte Enxa nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio