2.464 visitas –
Neste roteiro aínda de verán (disque de San Miguel), fomos ata a aldea de San Xoán de Fecha. Unha vez que chegamos ao encoro de San Xoán de Fecha, percorremos o tramo do Tambre río arriba, ata chegar a Ponte Alvar.
Neste percorrido o Tambre discorre máis encaixado, pero aínda son abondosas as zonas de bosque. Unha vez chegados a Ponte Alvar voltamos ao punto de inicio, completando un percorrido circular e unha preciosa tarde de paseo.
Xoves, 29/09/2011
- Lonxitude: 10 km aprox.
- Dificultade: baixa
- Desnivel: baixo-medio
Galería

Bos días!
Este San Xoan de Fecha, onde está? Búscoo no google maps e non o atopo… Podedesme mandar un mapa ou algo!
Grazas!!
Ola Carme,
Noutro roteiro que fixemos, de San Xoán de Fecha a Portomouro, podes ver o mapa.
Agardo que che sirva.
Un saúdo