Pontes do Lérez (Forcarei)

29-10-2011
Pontes do Lérez (Forcarei)

O sábado 29 de outubro de 2011, fomos de sendeirismo a Forcarei polas pontes do Río Lérez, unha ruta que forma parte da rede de sendeiros homologados de Galicia (PR-G 113).

  • Lonxitude: 14 km aprox.
  • Desnivel: baixo-medio (sobre todo de baixada)
  • Dificultade: media-baixa (algúns puntos do camiño poden estar esvaradíos)

Comezamos cunha pequena visita ao mosteiro de Santa María de Aciveiro, situado moi cerca do comezo da ruta. Na actualidade a súa igrexa, que nos atopamos pechada polo cedo que era, é utilizada para o culto parroquial en canto que as dependencias monacais foron obxecto de restauración e acollen un hotel-monumento coa categoría de 3 estrelas, do que puidemos admirar os dous claustros. Ao sair, chamoume moito a atención o fermoso cemiterio adosado á igrexa, pois non atopei nun unha soa flor natural, e en vésperas de defuntos.

Como dixen, o mosteiro medieval cisterciense marca o inicio desta senda de pescadores que percorre as ribeiras do río Lérez. Tras visitalo, a ruta descende cara ao río, que nos acompañará ata a ponte medieval de Andón. Ata este punto, o sendeiro comparte o percorrido do PR-G 100.

Abandonamos momentaneamente o río para dirixírmonos cara ao Pico Valiñas; unha mesta vexetación acompáñanos ata Ponte da Carballa, onde se recupera a compaña do río Lérez.

Dende este punto, e a través dunha espesa fraga, o vieiro ha levarnos dunha ribeira á outra cruzando as pontes do Crego, Maril, Ponte Vella e Nova de Forcarei, así coma a ponte medieval de Gomail, onde definitivamente se abandona o curso deste fermoso río e se ascende para alcanzar a aldea de Gaxín, onde rematamos o percorrido.

Foi sorprendente toda a ruta en xeral, tanto polo alto valor natural pola súa vexetación: bosques de ribeira, carballeiras…, como tamén cultural, boa mostra son o mosteiro e as antigas pontes cruzan o río, ademáis do regalo dun fermoso día para camiñar.

 


Ver Pontes do Lérez nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

2 comentarios sobre “Pontes do Lérez (Forcarei)”

  1. Toni Ibañez

    Hola, mi nombre es Toni Ibañez. Enhorabuena,Buen blog, buenos comentarios y buenas fotos, las que a mi me faltan de esta ruta. Casi nos encontramos porque nosotros la hicimos el día 30. Espero seguir leyendo vuestras andainas, y algún día nos encontraremos en el camino.
    Nosotros estamos empezando, posiblemente algún día os pida consejo de alguna ruta.
    Un saludo
    Nuestro blog por si os apetece
    http://caminandoporgalicia.blogspot.com

    1. Ola Toni. Moitas grazas polos teus comentarios!
      Pois sí que tes razón que case coincidimos. A verdade é que non me esperaba unha ruta tan fermosa e acompañada dun bo día. Espero que nos vexamosa partir de agora, polo menos, nos comentarios e rutas que colguemos nos respectivos blogs. Sen dúbida, eu fareime seareiro do teu, e direiche que son moi bos comentarios que fas, sobre todo, gústanme as últimas pinceladas que pós neles, as citas, as preguntas… se cadra cólloche a idea para algún dos meus.
      Eu tamén estou empezando, de feito o blog publiqueino en novembro de 2011, pero como tiña todas as rutas que fixemos o ano pasado no Facebook e moitos dos compañeiros de camiñada non son do FB, e foron os que me animaron a facelo, sobre todo polas fotos.
      Ah! e calquera cuestión na que che poda axudar… xa sabes, non o dubides. Supoño que eu tamén botarei man das vosas experiencias.
      Estamos en contacto. Unha aperta,
      Fran

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio