Roteiro por Compostela. Monte Viso

22-09-2011
Roteiro por Compostela. Monte Viso

Mes intenso este de setembro. A Universidade de Santiago retomou con forza o seu programa de rutas de sendeirismo en diversos lugares da xeografía galega e de Rutas por Compostela

A primeira camiñada por Ponteceso. O seguinte sábado o percorrido será polos montes de Esteiro e a Pedra do Cadro. As Rutas por Compostela non ían ser menos! Como primeira saída fomos ao Monte Viso o xoves, 22.09.2011.

Partimos dende o Multiusos do Sar e dende alí ata a aldea de O’Viso. Dende este punto comezamos a subir ao monte, pouco a pouco. Unha vez acadado o cumio, baixamos pola outra cara do monte para rodealo e chegar ata o cauce do Sar, que cruzamos coma se fora un regato, e retornar ao punto de saída. Logo cervexiñas no Domínguez con José e Javier!

  • Lonxitude: 8 km aprox.
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: medio

Ruta do val do río Aviouga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio