Vilela. Serra do Farelo

Vilela. Serra do Farelo

Lonxitude da ruta: 16 km aprox.

O itinerario que fixemos hoxe está inspirado nunha ruta que aparece no libro Senderos y caminos. 35 rutas inéditas por Galicia, de Miguel Alvarez Soaje. Así que vaia por diante o noso agradecemento ao autor.

Toda a zona é de paisaxes suaves e abondosa actividade gandeira o que fai que predominen os pastizais entremezclados con bosques autóctonos en bo estado de conservación.

O percorrido comeza en Vilela e pasa por pequenas aldeas como Surribas, Quinzán, Bouzoa e Saborín. Practicamente camiñamos todo o rato sobre os 700 m de altitude o que fixo que en determinados puntos da ruta tivéramos unhas amplas vistas. Situada no lugar de Surribas (Adá-Chantada), está a Casa Grande de Portomeñe, hoxe de turismo rural, que constitúe un moi interesante exemplo de casa grande galega. Mantén a estrutura orixinal con dous “currais” interiores, así coma o forno para cocer o pan propio, a forxa, o hórreo para secar o gran de millo e unha palleira de dimensións considerables.

Un pouco antes de rematar a ruta divísase ao lonxe o castro de Cantelle, pero as toxeiras impedíronnos achegarnos a el.

Foi un dos roteiros onde máis nos choveu (xunto co de Caaveiro), e onde máis lama nos atopamos nas corredoiras, pero a paixase e a compañía compensou con creces a adversidade meteorololóxica.

 


Ver Vilela. Serra do Farelo nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio