Ruta polos socalcos de Belesar
- Lonxitude da ruta: 13 km aprox.
- Desnivel: medio-baixo
- Dificultade: media-baixa
Transcorre toda a ruta polo concello de Taboada e lévanos por paisaxes rurais típicas, carballeiras e soutos ata o encoro de Belesar, onde veremos as zonas de viñedos. Nas ribeiras do encoro de Belesar prodúcense distintas variedades de uva, todas de grande estima, sendo a mencía a máis abundante. As augardentes multivarietais, dentro da denominación de Portomarín, conseguen unha alta calidade.
No ano 1963 remataban as obras do embalse de Belesar, e coma consecuencia dese acontecemento pecharon as comportas do muro de contención, cortando o paso das augas do río Miño; entón, o nivel das mesmas comezou a subir e subir, ata acadar a altura previamente establecida. Progresivamente, ese xigantesco encoro foi anegando todo, as casas de tantos lugares, frondosos vales e viñedos, igrexas, capelas, pontes, fornos, muíños e tantas e tantas cousas máis. Cantas ilusións, canta afectividade foron anegadas para sempre!
Unha vez máis o capital que, sen sentimentos como ocorre sempre, rexeita o valor afectivo e aniquila aos que menos teñen… tantas e tantas familias, vítimas do progreso. Para as grandes empresas a degradación do medio ambiente non existe! A través da historia da humanidade nunca tanto se falou do medio ambiente coma agora, e xamáis se atentou tanto contra el.
E como vedes, fomos no outono, a mellor tempada para facer a ruta, polas cores das follas case secas dos carballos, castiñeiros e viñedos. Toda unha gama cromática para disfute da vista. E do padal, pois aínda houbo quen botou man da uva que ainda quedaban nas cepas… É unha boa ocasión para a xente que queira iniciarse no sendeirismo, e tamén para que as persoas xa iniciadas disfruten dunha relaxante e tranquila xornada nun agradable e fermoso entorno.
Ver Ruta polos socalcos de Belesar nun mapa máis grande
Que guay ¡¡ Que fotos ¡¡ Son realmente preciosas.
Pena que non atopáramos a algún paisano que nos invitase a probar o mosto desta vendima, jejeje.
Apertas¡ e grazas polas fotos ¡¡
Tes razón, probar o mosto non estaría nada mal nunha desas adegas con vistas. O que non sei eu é como subiríamos despois esa pendente do 28%!
Apertas
Fran, aparte de las fotos, me ha encantado el texto, porque refleja muy bien lo que debe ser un pueblo anegado y todo lo que se pierde…
Para ti, esta canción de Silvio, que se pregunta por esas cosas que no sabemos adonde van.
http://www.youtube.com/watch?v=LcjcZdHy55k