Ruta polo val do río Cuíña

25-05-2013
Ruta polo val do río Cuíña

Fin de semana na Serra de Ancares! Desta vez fomos ao Val de Ancares, no concello leonés de Candín, polo que fixemos dúas rutas por unha zona dun altísimo interese natural e paisaxístico.

  • Lonxitude da ruta: 15  km aprox.
  • Desnivel: medio
  • Dificultade: media

Estivemos aloxados en dúas estupendas casas de turismo rural, no Centro de Turismo Rural Valle de Ancares, en Pereda de Ancares e outra na Ponte de Sorbeira. A pesares de estarmos repartidos, ceamos e almorzamos todos xuntos na casa de Pereda de Ancares. No Val de Ancares fálase Ancarés, unha mezcla de castelán, galego e astur-leonés. Esta linguaxe sobrevive na maioría dos pobos, pero pola progresiva desaparición das personas de máis idade, vai caindo no esquecemento, a pesares de que os nosos hosteleiros falábano perfectamente! Unha vez instalados, comezamos a ruta mesmo en Pereda (900 m) e remontando o curso do Río Cuiña, afluente do Cúa, pasamos por Tejedo (1000 m), onde aproveitamos para xantar na área recreativa, antes de seguir pola Hoya de Ancares ata o fondo da mesma, chegando case ata o nacemento (1455 m), onde disfrutamos dunhas vistas magníficas dos bosques da zona así como da fervenza do río. Logo de deleitarnos coa serea beleza do Val de Ancares, comezamos o regreso.

Xa no aloxamento e logo dunha ducha reparadora, o godello de rigor e a tertulia para rememorar a andaina vivida, agardando a hora da cea. Por certo, moi recomendable para esta ruta o Centro de turismo rural Valle de Ancares. Trato exquisito e deliciosa comida caseira (unha crema de champiñóns que hai que repetir por forza, unha tenreira leonesa guisada e con figos que se derretía na boca, con flan de ovo… ).

Os que aínda tivemos gañas de alongar a noite, coa escusa de baixar a dixestión da cea, achegámonos ata Candín, pobo distante sobre un quilómetro e medio pola estrada, acompañados por unha impresionante lúa chea! Deiteime sobre a unha, pois agardábanos unha xornada intensa e había que descansar (e que xornada!). 

 

Ver Ruta polo val do río Cuíña nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

3 comentarios sobre “Ruta polo val do río Cuíña”

  1. Non esquezo a subida á fervenza facendo filigranas sobre os pelouros, nin a noite de lúa chea estrelada na procura da taberna…que ben sentou a sidra…im taberna quando sumus!! 😉

  2. In taberna quando sumus, non curamus quid sit humus…quería dicir…hahahaha. A ver se repetimos nun furancho… 😉

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio