1.758 visitas –
Onte, xoves 14 de xullo fixemos outro Roteiro por Compostela: fomos camiñar polo río Sarela.
Comezamos a andaina na capela do Carme de Abaixo e remontamos o río Sarela ata chegar a O Romaño. Durante o percorrido predominou o bosque de ribeira, alternando co parque de Galeras e con tramos urbanos ao principio.
O regreso fixémolo afastándonos un pouco do río, cara a ladeira do Pedroso. Unha boa tarde que rematou cunha boa cervexa!
Galería
