1.808 visitas –
O mércores, 22/06/2011, continuamos o percorrido polo río Tambre, dentro do termo municipal de Santiago e antigo concello de Enfesta.
- Lonxitude: 10 km aprox.
- Dificultade: baixa
- Desnivel: baixo
Comezamos o roteiro en San Pedro de Busto e dirixímonos cara o río Tambre pasando pola aldea de Vilariño. Unha vez chegados ao río rodeamos o Petón de Busto e continuamos río abaixo por pistas de terra e camiños ata chegar á Ponte de Chaián, onde collemos o bus para retornar á cidade.
A zona en xeral, está moi ben conservada e abunda o bosque de ribeira na beira do río, así como algunha carballeira e pequenas fragas.
Galería
