2.211 visitas –
Carnotiña, Carnotiña
Carnotiña e Miravela:
si o aire do mar non fora
Carnota que era dela! (Popular)
O sábado, 7 de maio, fixemos a continuación da ruta que andivemos en xaneiro de Louro a Carnota, e comezámola xusto no centro da vila, onde tivemos tempo de tomarnos o café antes de encetar a camiñata, pois collimos unha molladura ao baixar do autocar de pronóstico!
- Lonxitude: 20 km aprox.
- Desnivel: baixo (case non ten)
- Dificultade: media
- Track Carnota-Pindo Comprimido.gpx.zip
A ruta non ten case desnivel e a dificultade ven dada polos numerosos coídos e zonas rochosas que tivemos que atravesar.
Saímos de Carnota partindo dende o seu famoso hórreo e vai pouco a pouco rodeando toda a marisma ata poder bordear o río na súa desembocadura. Máis adiante chegamos a Caldebarcos e onde poidemos observar hórreos bastante ben conservados.
Saíndo da aldea, chegamos á costa, onde paramos a comer e, xa desde aquí, e seguindo a liña de costa en todo momento entre coídos, pequenas praias e cantís chegamos á vila do Pindo, onde rematamos o percorrido.
Durante todo o traxecto as vistas foron excelentes, polo que a ruta ten un alto valor natural e paisaxístico polo bo estado de conservación deste tramo costeiro. De feito parte desta zona está incluída na Rede Natura 2000.
Galería
