Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I

Esta ruta estaba prevista que fora a primeira do ano, pero houbo que aprazala pola cicloxénexe explosiva anunciada para o 19 de xaneiro e hoxe, por fin, pudemos realizala. Forma parte do sendeiro homologado PR-G157, Doade-Augasmestas.

  • Lonxitude da ruta: 14 km
  • Desnivel: medio
  • Dificultade: media

Qué comezo de ano estamos a ter! Se a semana pasada andivemos pola beira do Eume, esta tocoulle á do Sil, pero a un pouco máis de altura, que é onde se pode apreciar a grandeza deste río. Temos previsto facer neste mes o sendeiro en dúas etapas, e nesta ocasión fixemos a parte de Doade, parroquia de Sober ata Vilar de Mouros.

O camiño discorre ao carón do canón do Sil, e unha vez comezada a andaina en Doade xa nos topamos co Souto de Valguaire, cos seus impresionantes castiñeiros. Camiñando un pouco máis xa nos topamos coa Pena do Castelo e a Capela de San Amaro. A Pena do Castelo, de composición xistosa, está situada nun outeiro dende o que se domina boa parte da contorna. Tamén destaca por alongarse ata o abismo da ribeira. Dende este miradoiro natural temos á vista diferentes núcleos rurais en ambas marxes como Francos, Doade, A Abeleda, Castro Caldelas… ademáis dunha serie de outeiros e do propio canón do río Sil. Tamén podemos observar formacións vexetais de distinta índole (matogueiras, soutos, carballeiras…), e terras de cultivo, principalmente os viñedos da ribeira de Doade.

A maiores, a Pena do Castelo ten un importante interese patrimonial, marcado principalmente polo seu pasado castrexo, xa que neste lugar asentouse un castro, do que apenas quedan vestixios, destacando o que foi un dos seus fosos defensivos, situado na cara norte e que actualmente está colmatado.

Nas proximidades da Pena do Castelo existiu unha ermida adicada a San Amaro, desaparecida a mediados do s. XIX. Recentemente, de maneira simbólica, construíuse na mesma Pena, a carón do miradoiro principal, unha capela adicada a San Amaro, actualmente San Mauro.

A partires de aquí, o roteiro se torna máis exisente, a ruta é dura polos desniveis a salvar xa que imos durante 1 km por un sendeiro serpeante e algo complicado, aínda que non perigoso, pero que paga a pena percorrer pois é de extraordinaria beleza, e coido que se trata dun dos tramos máis espectaculares que levo feito (e iso que en moitos momentos non podía nin mirar nin sacar fotos!), pagou a pena, digo, observar o río Sil e o seu entorno dende un miradoiro permanente a medida que íamos camiñando.

Superado este tramo, e baixo unha pequena saraiba inicial, retornamos aos camiños, sendeiros e corredoiras, que en xeral son moi bos, acadando zonas altas como os montes de Ceceda, vales, e pequenos lugares habitados como O Colado, Lampaza e Vilar de Mouros.

Pasamos tamén por elementos etnográficos como o Muíño de López, nas proximidades da aldea de Lampaza, a carón do regueiro de Montefurado, nun estado de conservación bastante precario, pero de gran valor grazas á peculiar forma de construción do inferno (planta baixa), aproveitando a propia rocha como parte deste espazo.

 


Ver Canon do Sil-Ribeira Sacra Lucense I nun mapa máis grande

Ruta do val do río Aviouga

6 comentarios sobre “Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I”

  1. Moi chulas as fotos, coma sempre. A diferencia fundamental entre os que sacamos as fotos detrás e os que as sacan diante é que uns sacan caras e outros sacamos… espaldas. 😉
    Este sábado máis!

    1. Tés razón. A miña intención era intercalar as vosas para que se viran esas dúas perspectivas que comentas, pero non souben facelo. Igual o intento mañá.
      A verdade é que temos un mes de febreiro que promete!

      1. Preciosas fotos! Por riba desta volta tiradas dende o ollo de Cíclope, que todo o ve…abraiada cos detalles. Faltou tempo para chegarmos á Casa do Priorato, a ver se na próxima completamos a investigación deses rumores dun pasado túrbido 😉

        1. Rocío Ramos

          La verdad es que fue una ruta impresionante, de esas que siempre vas a recordar.
          No había visto todas las fotos, y veo ahora las colaboraciones. Muchas gracias, Fran.

  2. Moi boa reportaxe gráfica, e boas tamén as fotos engadidas.
    Espectaculares os canóns e as abas de socalcos que soportan as vides, moi ben “capturados”. Haberá, daquela, que probarlles o viño que alimentan.

    A vella díxo: “Por aí para abaixo non ides a bo sitio, aínda vos habedes mollar”. Abaixo estaba o regueiro do muíño, revertendo nas campeiras.

  3. Que ruta, e que fotos..¡ Fran, agora tes colaboradores, esto vai subindo de nivel..¡

    Mañán ímos a Bande e creo que esa ruta vos deixará tamén bo sabor de boca, espero non equivocarme.

    Moitas grazas ¡

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio