Ruta por Mesía
- Lonxitude da ruta: 14 km
- Desnivel: baixo-medio
- Dificultade: baixa-media
Desta vez fomos ata o cercano concello de Mesía. Comezamos a xornada desprazándonos ata Xanceda, onde facemos unha visita á Casa Grande de Xanceda, interesante granxa de elaboración de produtos lácteos ecolóxicos. A visita prolongouse por mais de dúas horas e pagou a pena! Que máis quen menos trouxo algún producto da granxa, eu inclineime por un par de queixos curados e conservados en cebada, que teñen moi boa pinta! Xa vos contarei…
Logo fixemos o PR-G117, Rota da Fraga aos Muíños, un sendeiro homologado que nos leva por terras deste concello.
Despois de deixarnos o bus na Ponte Carballa sobre o río Samo, no limítrofe concello de Frades, e de andar un pequeno treito pola estrada, comezamos no antigo camiño da Fraga a través dunha pista en moi bo estado que atravesa zonas agrarias e forestais. Máis ca unha ruta polo monte poderíamos dicir que é un paseo por un fermoso entorno rural, onde predominan os pastizais ao ser unhas terras eminentemente gandeiras.
Pronto chegamos á zona coñecida como O Telleiro onde hai unha pequena derivación que leva ata Muíño da Ribeira. Que manía teñen de gastar os cartos adornándoo todo con elementos que non pintan nada nestas paraxes: a papeleira, chea a rebosar en sen servizo de recollida, é millor que non a poñan para non deixar alí o lixo!
É unha ruta moi relaxada, por zonas principalmente gandeiras, onde son abondosos os prados. O percorrido remata en Visantoña, pasando antes pola fermosa fraga do rego do Conxo.
Xa en Visantoña, tomámoslle coma sempre a cervexa antes de regresar a Santiago na cervexaría Central, onde nos sorpenderon cunhas estupendas filloas de tapa (segundo Antonio preparan moi ben o bacallau… ). Parabéns!
Ver Ruta por Mesía nun mapa máis grande
A foto nº 2 da páx. 3 é dunha fermosura de cores impresionante, é increible!!!!. A foto dos estiramentos no lavadoiro total!.
A todos os que están a mirar o roteiro, ¡boas festas e feliz ano 2014!. Ao noso estupendo fotógrafo e contador de roteiros todo o millor nestes días e un fermoso 2014. Queremos seguir a disfrutar moitísimo das súas historias e das súas fotografías, queremos seguir aprendendo e admirando!!!
Gracias por facer este blog tan magnífico. Quero desexarche BON NADAL.
Moitas grazas Anxeles,
O mesmo che desexo para tí e os teus.
Bicos