As Fragas de Ribeira e Lostegal
Parecía que este novo ano quería que tardasemos en comezar a camiñar! Debido ás condicións climatolóxicas xa non pudemos facer a última ruta para despedir o 2012 e agora tivemos que aprazar para febreiro a primeira do 2013, prevista pola Ribeira Sacra, polos avisos de temporal anunciados a semana pasada. Pero comezamos! e comezamos o ano percorrendo as Fragas de Ribeira e Lostegal, nas proximidades do encoro de Ribeira nas Pontes de García Rodríguez, e que día máis fermoso tivemos!
- Lonxitude da ruta: 18 km
- Desnivel: medio
- Dificultade: media (en caso de chuvia os camiños poden estar enlameirados, e tamén hai que cruzar/saltar algún rego)
E outra vez o Eume! Como me gusta este río (80 km), e cómo me sorprende! Lembrádesvos do primeiro tramo da ruta polo Xistral remontando o curso do Eume, ata practicamente o seu nacemento e da súa lenda? Este sendeiro forma parte do sendeiro homologado PR-G147. Ten un alto valor natural xa que durante o percorrido visitamos fermosas fragas, que están nun excelente estado de conservación, na contorna do encoro de Ribeira, que entrou en funcionamento en 1963, para abastecer ao concello de As Pontes e á central térmica.
Esta ruta mostra a fermosa exhuberancia das fragas xunto ao río Eume, e a riqueza natural desta senda está permanentemente ao noso arredor e só hai que estar atentos para ver a gran variedade de flora e fauna que podemos atopar. As fragas de Ribeira e Lostegal mudan a súa presenza e vitalidade con cada época do ano (coma en case todas as rutas que facemos, quen me dera repetilas en cada estación!), e a súa proximidade ao Parque Natural de Fragas do Eume e o LIC da Serra do Xistral dan mostra da súa biodiversidade.
Coido que este encoro é o gran descoñecido do Eume, polo que quizáis as súas fragas teñan unha riqueza paisaxística maior que as máis frecuentadas do tramo final do río. E espectacular tamén o tramo final da ruta, pois desde que deixamos o campamento de Vilarbó e nos adentramos na fraga de Lostegal ata a subida ao Campo da Meda e aos aeroxeneradores do cumio, e acabar a ascensión, temos unhas vistas inmellorables. As zonas de máis altitude desta senda, próximas ao cumio da Carballeira, pertencen ao LIC da Serra do Xistral.
Finalmente, e a modo de reflexión, quixera denunciar nesta entrada o acontecido o ano pasado. A fraga non é allea ás imprudencias e incendios, como os ocasionados na primavera do 2012 río abaixo. A ferida producida polo lume debe facernos recapacitar e pensar na necesidade de protexer os últimos reductos de bosque atlántico galego, para que os nosos fillos non esquezan que tras esas extensas e artificiais plantacións de eucalipto e pino agóchase un bosque máxico onde nacen as lendas e historias máis incribles.
O día foi redondo e ademáis rematámolo nas Pontes celebrando os crumpreanos de Marga e Belén, que nos sorpenderon convidándonos a unha tremenda rosca e a licor café… Parabéns a você…!!
Ver As Fragas de Ribeira e Lostegal nun mapa máis grande
Que fotos artísticas, Fran, moito me gustan eses espellos naturais e, por certo, a xeración do 98 vai a polos 100 e vós que os vexades!!! 🙂
Seguro que sí. Pero non te esquezas do roscón!!
Que fotos..¡¡¡ Fiel reflexo da beleza que observamos durante o percorrido ¡¡ Para mín, dende logo, un sitio abraiante.
Moitas grazas polas fotos, Fran.
E moi interesante a túa reflexión final.
Unha aperta
Grazas Víctor! A reflexión veu un pouco ao fío do teu comentario de non rematar a ruta ao advertirnos que o tramo final sufrira un incendio. Creo que fun comedido na reflexión, pois coido que ata hai que ser defensor “visceral” destes espazos.
Si, tal e como vos dixen o ultimo tramo (tramo que non fixemos) veíase claramente afectado por un incendio, aínda que non era reciente, quizais tivera uns meses. E por eso, entre outros motivos non fixemos o descenso ata As Pontes.
Un saúdo
Fermoso lugar e fantásticas fotos.
Aquí la novata. Preciosas las fotos!!! Un lugar precioso con un encanto mágico. Me gustó mucho el poder disfrutar de este paraje tan bonito que, de otra manera, es posible que nunca hubiera conocido. Un placer!!! Nos vemos en la próxima!!
Grazas polos comentarios Alicia! A verdade é que nos preparan unhas rutas moi chulas. Vémonos
Qué preciosas fotografías Fran!!!, sabes do meu agarimo polas fotos de rios e da súa vexetación, estas son bonitas de verdade, esas árbores cheas de musgo, parece que van sair os gnomos, troles e toda a compaña de enanitos deles!!!