Monte Xesteiras


1.292 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (3 votos, media: 5,00 de 5)
Loading...

Preme nas imaxes para velas a tamaño completoUnha camiñada circular polos límites dos concellos da Estrada, Cuntis e Valga para achegarse ao cume do monte Xesteiras. O monte Xesteiras é un cume de 716 m de altura que se ergue illado entre os concellos de Cuntis e Valga, dominando as comarcas de Ulla-Umia e Tabeirós. Ten unhas excelentes vistas de toda a contorna, desde a Ría de Arousa ata as serras da Dorsal Galega.

A ruta, circular, permitirános admirar  e coñecer, entre outras, as sobreiras do adro da capela dos Milagres de Requián (A Estrada) e o sobreiral de Magán (Cuntis) que está incluído no catálogo de árbores senlleiras de Galicia.

O percorrido non presenta moitas dificultades, salvo o desnivel a salvar. Vai entre corredoiras, pistas e camiños.

Comezamos a camiñar…

A ruta iniciámola en Magán, ao pé da ermida de Santa Lucía, lugar ao que accedemos dende a estrada N-550 en As Cernadas. Chámanos a atención un cruceiro sobre o muro dunha finca particular, sen imaxes pero cun curioso gravado na cruz cos elementos da paixón. Moi fermoso. Ten toda a pinta de que foi desprazado da súa antiga situación, seguramente no adro da capela.O percorrido dende a capela xa é de subida, e cruzamos a aldea admirando fermosos exemplos etnográficos como fontes, lavadoiros ou hórreos. No lugar mestúranse dous tipos de hórreos, alzándose sobre cepas os estreitos e rectangulares que responden á tipoloxía de Mahía e as graneiras, con planta cuadrangular e de enormes proporcións. Tamén apreciamos nunha casa, moi cerca da capela, lacenas das abellas, elemento que xa empeza a ser raro por estas terras e seguro que moitos dos seus habitantes non saben a que responden este tipo de enxeño.Lacena das abellas en MagánAsí camiñando, logo de pasar por un fermoso lavadoiro nunha área de lecer, chegamos á parte alta da aldea onde nos encontramos cunhas sobreiras centenarias espectaculares. A verdade é que o seu porte impresiona.Significativos tamén son os muíños que nos atopamos ao pouco de deixar as sobreiras; semella que se restauraron hai poucos anos os chamados do Miñoto, o da Rocha e os da Pereira, conxunto estes formados por tres edificacións, todos muíños de herdeiros, con varios propietarios. Trátase de construcións sinxelas, de planta cuadrangular, tellado a catro augas e de moa única.Muíños de MagánA subida non dá tregua, pero vaise facendo pois imos polo vello e fermoso camiño que levaba ás canteiras, coñecido como Camiño Novo, o camiño dos canteiros. Evidentemente, o itinerario tamén foi utilizado polos carreteiros de toxo, que o baixaban do alto do monte, sendo carrexado polos bois da veciñanza.

Foto de Xerardo

Esta parte baixa do monte está cuberta de carballos e piñeiros fundamentalmente, aínda que tamén hai bastantes plantacións de eucaliptos; na parte alta, e xa por pistas, e só de mato (toxo, xestas e breixos), o que permite gozar de panorámicas cara ao oeste co monte Xiabre e a desembocadura do río Ulla. Estamos sobre os 500 m de altitude e aínda lle temos que dar un pequeno arreón ata acadar o cume.


Vídeo


Galería

Monte Xesteiras


Deixa un comentario

*