Ruta polo val do río Cubelo. Avión
O percorrido comeza do centro de Avión, na igrexa de san Xusto e Pastor. Pouco a pouco imos saíndo do lugar pasando por Cendones e entre antigos campos de labranza e pequenos bosques chegamos a Arrotea. Neste lugar dirixímonos paseniño cara o val do Cubelo. Son numerosos os bosques que atravesaremos, algúns moi ben conservados e con bos exemplares de carballos. Tamén veremos o Pozo Negro, un fermoso pozo natural situado no mesmo río. O río Cubelo, que nace ao pé de Camposancos no alto da serra, é un río vivo, caudaloso e limpo. Iremos cambiando de marxe, cruzando o río por diferentes pontes, algunhas delas moi antigas. Case ao chegar ao fondo do val, deixamos o curso do río para comenzar a subida ao lugar de Caseiro, parroquia de Santa María de Nieva onde xa comezamos o regreso a Avión por diferentes camiños.
Ruta polo val do río Cubelo. Avión Ler máis »