A montaña é unha escola de vida

A montaña é unha escola de vida

Dada esta situación tan extraordinaria que estamos a ter nestes días de corentena, pensei na posibilidade de que Víctor, o monitor da maioría das rutas que se publican nesta bitácora, nos escribise algo e, ante a proposta, aceptou o reto!

Unha reflexión moi acaída e que agardo teña continuidade con máis colaboracións… alguén se anima?

Con esta afirmación que da título a este artigo coincide a maioría da xente que practica deporte na montaña e ten xa certa experiencia. Non é preciso ser un grande alpinista, nin ter feita algunha das escaladas máis difíciles do mundo, nin tan sequera ser un curtido montañeiro para ser consciente diso. Simplemente con ter saído unhas cantas veces a facer rutas de sendeirismo ou pequenas rutas de montaña ao noso arredor, e observando e analizando dun xeito sinxelo as mesmas, tamén coincidiremos. Moitas das cousas que nos ocorren durante estas actividades, pequenos e non tan pequenos contratempos, as dificultades que xorden, e principalmente o xeito de solucionar todo isto, nos ensinan pequenas estratexias que poden ser moi útiles logo na vida diaria cando temos que enfrontarnos a problemas, incluso a problemas tan rotundamente serios e importantes como o que temos entre nós agora mesmo. Non necesariamente nos van servir para aportar solucións, nin moitísimo menos, pero si para paliar e facer a “travesía” moito máis levadía.

A montaña é unha escola de vida

As nosas rutas, as nosas actividades da montaña comezan saíndo da nosa zona de confort, saíndo da nosa rutina diaria, da nosa cama, da nosa cociña coas súas lacenas cheas de comida, do noso cómodo sofá do salón, é dicir, de todo aquilo que fai que a nosa vida sexa fácil, cómoda e doada. Isto exactamente foi o primeiro que provocou a presenza do virus covid-19 nas nosas vidas: sacarnos da zona de confort, pero neste caso a costa de reducir a nosa liberdade, os nosos movementos, modificando e alterando o noso día a día provocando unha morea de dúbidas e inquedanzas no noso interior e, no peor dos casos, enfermando.

Antes de comezar a nosa ruta temos que ter en conta os perigos vinculados á mesma, os cales podemos dividilos en dúas clases ou grupos:

  • Perigos obxectivos: aqueles que nós non podemos controlar, como por exemplo os desprendementos de pedras, as crecidas dos ríos, as treboadas… O que non significa que non podamos informarnos previamente para intentar localizalos e/ou minimizalos.
  • Perigos subxectivos: aqueles que dependen de nós e están baixo o noso control, como por exemplo, a falta de planificación e información previas, o uso de material non axeitado, unha mala forma física…

A montaña é unha escola de vida

Tamén debemos saber a lonxitude así como os desniveis e dificultades que vai ter a ruta, pero non ten sentido darlle demasiadas voltas, non podemos ir constantemente pensando no longa que vai ser, nin no forte desnivel que nos agarda na metade da travesía, nin no río que vou ter que cruzar en determinado quilómetro, nin dubidando das nosas forzas ou capacidades para facela. É moito máis sinxelo, temos que ir paso a paso, con tranquilidade e paciencia, pouco a pouco, dun xeito constante, a un ritmo cómodo, facendo algunha parada se é preciso.

Cando facemos rutas acompañados dun guía (ruta individual) ou varios guías (por exemplo nun grupo), sabemos que teñen as capacidades suficientes para axudarnos a realizar a actividade con seguridade e que cando cheguemos a un punto “crítico” ben sexa o río do que falabamos antes, ou un resalte rochoso, ou unha zona onde é fácil perderse, este profesional vainos axudar e poñer todo da súa parte para saír airosos desa situación.

A montaña é unha escola de vida

Por outra banda, tamén sabemos que facer as actividades con certa dose de optimismo axuda, e moito, a acadar o noso obxectivo. O que por suposto non significa que debamos deixar de ser conscientes da realidade. Os perigos son os que son e as dificultades hainas, claro que si! Pero pensar en positivo axuda a poder facer as cousas mellor, a camiñar con máis seguridade e a conseguir as nosas metas.

E qué dicir do traballo en grupo durante a ruta, a travesía, a escalada… todos temos unha función, máis grande ou máis pequena, pero temos que cumprila para que todo saia ben. Sóavos esa frase que di algún guía de que “todas as decisións que tomades a xeito individual repercuten no resto grupo”, non? Quere isto dicir que temos que seguir as indicacións do guía porque el sabe mellor que ninguén que decisións tomar. Que pasa cando unha desas decisións individuais se toma dun xeito erróneo? Que pasa cando un decide non facer caso ao guía? Quen paga as consecuencias, o que tomou a decisión ou o resto do grupo? E falando de grupos, canta importancia ten o apoio entre uns e outros!, botarlle a man á persoa que pode necesitalo!, ofrecer un trago de auga, un pouco de pan ou unha froita! En definitiva, o compañeirismo!

A montaña é unha escola de vida

Resumindo: informándonos ben sobre a nosa ruta (ou virus), camiñando paso a paso, pouco a pouco (indo día a día no noso confinamento), poñendo da nosa parte (con ánimos e optimismo), e facendo caso dos nosos guías (cambiemos guías por científicos, persoal sanitario… ), conseguiremos rematar a ruta!

Moito ánimo e fortes apertas.

Agradecemento eterno a todas esas persoas que “nos guían” e nos axudan nesta travesía.

Víctor

Pd: a frase do título hai quen lla atribúe a Walter Bonatti, un dos mellores alpinistas do século pasado, pero non podo confirmar que este dato sexa certo.

14 comentarios sobre “A montaña é unha escola de vida”

  1. Elvira Banet

    Muchas gracias Victor por tus reflexiones. La vida es una escuela que cada día nos da la oportunidad de crecer y enriquecernos con sus enseñanzas. Podemos mirar para otro lado o meternos de lleno en ella,caminar con firmeza, conocer nuestros miedos,mirar siempre hacia delante , con valentía, con ganas. Superar obstáculo a obstáculo,siempre con optimismo, siempre hacia la meta con fuerza y ánimo. Poco a poco vamos creciendo, fortaleciendo, disfrutando los beneficios,alegrándonos de la superación . Viviendo, en definitiva y con alegría.LO VAMOS A SUPERAR. Cómo Villablino, Covadonga ….. poco a poco hasta la meta.
    Un beso a todos

  2. José Luis

    Muchas gracias por el comentario, si ya las rutas que compartís, son un aporte magnífico de generosidad, este comentario me parece la mejor información de rutas que habéis publicado, solo puedo decir GRACIAS.

  3. Sebastián

    Hola gente! Soy Sebastian
    Me encantó la reflexión de Victor y les comparto lo que me surgió de ella.
    Nací en Argentina pero en mis venas corre sangre galega de mis abuelos que han nacido en Santiago de Compostela. He venido a vivir con mi familia en marzo de este 2020 y si bien nos ha tocado vivir este momento especial creo que es parte de la AVENTURA DE LA VIDA. Estoy feliz de estar aquí y estoy deseando que pronto este virus acabe y podamos conocer estas bellas tierras con sus costumbre e historias. Estoy convencido que toda nuestra vida es un PEREGRINAR CONTINUO con sus comienzos, sus obstáculos, bifurcaciones, montañas, cambios climáticos, sus finales y nunca nos deben faltar los DESCANSOS ….los momentos de FRENAR y mirar todo el camino recorrido, todos los bellos paisajes contemplados con sus sacrificios y alegrías…. y DAR GRACIAS por haber tenido la gracia de recorrerlos y junto a ellos APRENDER y DESCUBRIR MENSAJES para el dia a dia. Es tiempo de APRENDER A PARAR un poco y ubicarnos nuevamente en el lugar donde estamos en este MUNDO y Comprometernos a CUIDARLO y CUIDARNOS. Es TIEMPO de ESPERAR y DAR tiempo a que las cosas vuelvan a su EQUILIBRIO y nosotros las personas somos los que todavía nos cuesta entender este mensaje.
    Les comparto esta reflexión y ojalá los pueda conocer pues quisiera caminar y descubrir todo lo bello que tiene esta tierra que mis abuelos pisaron y que me enseñaron a AMAR A LA DISTANCIA!
    Abrazos y ya nos veremos!!!

    1. Moitas grazas polo comentario, Sebastián! A ver cando este virus nos permite vernos e coñecernos!
      Unha aperta forte

  4. Gracias, Victor, por ese elogio al senderismo que has compartido con todos nosotros. Con las excursiones (hiking & trekking, e incluso montañismo) que tan bien has diseñado, hemos conocido y disfrutado de compañías, lugares y experiencias por toda la geografía. Así que cuando termine esta penitencia “cuaresmal” de confinamiento tenemos que resucitar esas excursiones ¡con nuevos bríos! Recordemos que no dejamos de hacer senderismo porque nos hacemos mayores, si no que nos hacemos mayores por no hacer senderismo.
    Hasta pronto,
    Carlos

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio