Xeira do MPG a Sálvora e Artes


242 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (2 votos, media: 4.00 de 5)
Loading...
Visitamos a Illa onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas

Visitamos a Illa onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas

O sábado 10 de setembro, os socios e socias do Museo do Pobo Galego fixemos unha excursión á ría de Arousa para visitar, primeiro, a illa de Sálvora onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas e, posteriormente, o museo do gravado situado en Outeiro-Artes.

Partindo de Aguiño, os viaxantes fomos transportados en dúas lanchas rápidas da empresa Mar de Aguiño e chegamos á illa nuns poucos minutos ao xeito de Miami Vice (unha experiencia moi recomendable) e, unha vez alí, a guía conduciunos á praia do Almacén, para vermos o recinto da antiga fábrica de salga, construída no século XVIII e posteriormente transformada en vivenda; e o castelo, agora convertido en incipiente museo.

Desde alí fixemos un percorrido que nos levou ata a primitiva aldea, hoxe abandonada e a medio restaurar, e despois un sendeiro levounos ata o faro da illa. Un paseo. Xantamos na Illa, na Praia do Armacén, e houbo quen aproveitou para darse un baño.

Xa pola tarde, cara ás cinco e media, volvemos a Aguiño para, a continuación, desprazármonos a Artes, co fi n de visitar a Fundación Museo do Gravado e a Estampa Dixital. A responsable do Museo, Laura García, informounos polo miúdo dos fondos e obxectivos da Fundación, e mostrounos as distintas salas coas exposicións existentes, cunha extensa colección de obras que van desde o século XV ata a época actual.



Galería

Xeira do MPG a Sálvora e Artes


2 comments

  1. Responder

    marivi

    Cada vez que me lembro do “momento lancha” se me poñen os pelos coma escarpias!!!, non volvo a subir a unha nin que me paguen!!!. Polo demais foi un precioso día compartido coa estupenda xente, claro que sí. Bicos ao formidable fotógrafo

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*