Todos os roteiros

Ruta do Contrabando

No pasado abril fixemos unha fermosa ruta no concello de Nogueira de Ramuín, a de Maquino Largaño, dende Luintra ata o Mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, e quedara marabillado con ela. A  Ribeira Sacra representa un dos lugares máxicos de Galicia. Da igual que percorramos a conca do Miño ou a do Sil, […]

De Laxe a Camelle. Camiño dos Faros

Continuamos a nosa particular andaina polo Camiño dos Faros. Pode que esta etapa sexa unha das de maior beleza de todo o itinerario, pois ten un alto interese natural e, aínda que vai todo o tempo pola costa, ten unha enorme variedade de paisaxes, o que incrementa o seu interese. Comeza o percorrido en Laxe, […]

Costa de Dexo

O Monumento Natural da costa de Dexo-Serantes, no Concello de Oleiros, foi declarado o 31 de marzo de 2001 como recoñecemento a un conxunto de valores ambientais que, igualmente, levaron a este espazo a ser incluído na listaxe galega de Lugares de Importancia Comunitaria (Rede Natura 2000). Ademais forma parte da Zona Núcleo da Reserva […]

Ruta da Brañina

A ruta comeza en Rabanal de Abajo, a 3,5 km de Villablino, polo que se pode facer perfectamente dende esta vila. É unha ruta esixente, con forte desnivel, tanto de subida como de baixada. Transcorre entre unha das zonas boscosas máis interesantes da bisbarra debido á extensión da mesma e o seu estado de conservación. Ten […]

De Tejedo del Sil ata Camposagrado

Lonxitude: 15 km Desnivel: medio Dificultade: media Para facer esta ruta temos que desprazarnos dende Villablino ata o veciño concello de Palacios del Sil. A ruta comeza en Tejedo del Sil (Teixéu). A poboación de Teixéu aséntase no espazo natural do Alto Sil, lindante coas terras asturianas de Zarréu (Degaña) e as leonesas de Villablino (Vitsablinu). Comezamos a […]

Ruta do Cornón

O Cornón é o pico máis alto de toda esta zona de Laciana e Alto Sil que estamos a percorrer e unha das montañas máis salientables da Cordilleira Cantábrica, xunto cos Picos de Europa e as Ubiñas, que case acada os 2200 m de altitude. Fai fronteira con Asturias e co parque natural de Somiedo. […]

Ruta do Bosque Mixto de Caboalles

Regresamos a Villablino para poder gozar desa fermosa zona montañosa leonesa quizais na estación máis interesante, o outono. Tiña os meus temores de que o outono aínda non se notara con plenitude, coma nos Ancares ou o Courel, pero xa dende que entramos no Bierzo con todas as viñas de mencía cun morado espectacular, decateime de […]

Monte das Lampas. Entre O Cebreiro e O Courel

Que gañas tiña de retomar as rutas da USC! Logo da pequena paréntese de inactividade apunteime a esta andaina un pouco temeroso, pois non tiña a certeza de se aguantaría o percorrido pola serra despois de tanto tempo inactivo, pero a experiencia foi amplamente superada. E nada mellor para facelo que ir ata o cconcello de Pedrafita […]

De Cabana de Bergantiños a Laxe. Camiño dos Faros

Pasado Vilaseco, lugar batido polo aire no alto da costa de Uces de montesía canle; pasado Vilaseco, indo pola Gandra adiante, xa vía desde lonxe o dolmen de Dombate. —Eduardo Pondal (1885) Pouco a pouco imos completando pola nosa conta etapas do Camiño dos Faros. En decembro pasado quedáramos en Cabana e tocaba agora írmonos […]

Xeira do MPG a Sálvora e Artes

O sábado 10 de setembro, os socios e socias do Museo do Pobo Galego fixemos unha excursión á ría de Arousa para visitar, primeiro, a illa de Sálvora onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas e, posteriormente, o museo do gravado situado en Outeiro-Artes. Partindo de Aguiño, os viaxantes fomos […]

Illa de Ons

En Galicia hai unha serie de lugares que hai que coñecer si ou si, e visitalos de cando en vez, e a illa de Ons, sen dúbida, é un deles. Había case cinco anos que non percorría a illa, no Parque Nacional das Illas Atlánticas, único espazo desta categoría en toda Galicia, declaradas Parque Nacional no […]

Monte Pindo

Hoxe, máis cunha crónica de andaina vou derivar a unha crónica máis persoal, pois ás veces o camiño dáche xente dunha calidade humana extraordinaria. Creo que a idea de Otero Pedrayo de que “Moitos amigos son paisaxe ó facérense terra e luz. Non hai camiño galego sen o ecoar de pasos amigos” é moi acaida nesta ocasión. […]

Praia do Rostro

Como actividade especial da fin de tempada do sendeirismo da USC, imos ata Sardiñeiro a facer un percorrido polo concello de Fisterra, un treito de 8 quilómetros que comeza no alto do Caribio. Lonxitude da ruta: 8 km Dificultade: Baixa Desnivel: Baixo Alegroume ver a compañeiros e compañeiras que había tempo que non viñan camiñar, […]

Camiño de San Salvador 5. Mieres – Oviedo

Malia que para estes cinco días non levei a cámara fotográfica (saqueina a última hora da mochila) e, como mal menor, usei a do teléfono móbil para fotografar estas paraxes, ademais de aproveitarme das fotos que tira o Jaime, gardarei sempre un grato recordo deste Camiño, o meu primeiro Camiño. Lonxitude: 18 km (4,4 km/h) […]

Camiño de San Salvador 4. Bendueños – Mieres del Camín

Logo da fermosa e dura etapa do día de onte, hoxe tocounos unha máis cómoda e curta, picando sempre para abaixo, pero con algún pequeno repeito. Mágoa da gran cantidade de quilómetros por asfalto que hai que andar! Lonxitude: 24 km (4,6 km/h) Desnivel: Medio Dificultade: Media Ás 7:30 da mañá a hospitaleira Sandra presentouse […]

Camiño de San Salvador 3. Poladura de la Tercia – Bendueños

Non pintaba nada ben a tardiña de onte en Poladura, pois viamos como as nubes comezaban a superar o sistema montañoso que tiñamos que superar hoxe e non sería nada bo facer a etapa raiña con néboa, pero unhas mulleres do lugar tranquilizaron onte a Xerardo, asegurándolle que íamos ter un fermoso día. E acertaron de […]

Camiño de San Salvador 2. La Robla – Poladura de la Tercia

As sete da mañá, dispostos a iniciar canto antes unha nova etapa. Os nosos compañeiros de cuarto xa nos levan vantaxe pois xa hai tempo que deixaron o albergue, pero non todos, pois aínda queda nel unha parella de húngaros mozos da que non falei onte, facendo as súas oracións matutinas despois do almorzo. Lonxitude: […]

Camiño de San Salvador 1. León – La Robla

Preparándonos para iniciar o Camiño de San Salvador diante do Hostal de San Marcos. Foto de Jaime Arcay Lonxitude: 28,5 km (4,7 km/h) Desnivel: Medio Dificultade: Media-alta Estes primeiros días de xullo fun facer o camiño de San Salvador, 123 Km de camiños e carreiros que separan as catedrais de León, a “Pulchra Leonina” e a Santa Igrexa […]

Pena Trevinca

Tiña unhas gañas terribles de ir ata Pena Trevinca (2127 m), o chamado teito de Galicia, e non desaproveitei a ocasión cando Manolo Bermúdez, do Servicio de Normalización Lingüística da USC, mo propuxo e fun, xunto con Xerardo (que tamén tiña gañas de facelo por quinta vez), e dous profesores de Xeografía, Juanca e Valerià; o […]

Ruta do desfiladeiro de Bustelín

Despois da homenaxe que nos demos co copioso almorzo no Hotel Cecos dispoñémonos un día máis a realizar unha fermosa ruta, un impresionante percorrido por un interesantísimo e agreste val do norte do concello de Ibias. A ruta require un certo esforzo físico pero coa vantaxe de que vai ser recompensado pola satisfacción de ir por sendeiros […]