Todos os roteiros

De Oia ata A Guarda

Comezamos a andaina no Alto do Castro no concello de Oia. A ruta vai seguindo o cordal montañoso que, en paralelo á liña de costa, nos leva ata a localidade da Guarda todo o rato entre os 400 e 500 m de altitude e a menos de 2 quilómetros do mar. As vistas son fermosas durante […]

Illa de Cortegada

Situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla, fronte ás costas de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa, é a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no Parque nacional das Illas Atlánticas, sendo o arquipélago máis resgardado dos catro que […]

A Cubela

Ruta da Cubela

Desta volta imos ata Ribas de Sil, concello situado no sur da provincia de Lugo, e pertencente á comarca de Quiroga, partido xudicial en Monforte de Lemos, para facer un dos sendeiros homologados da Ribeira Sacra: o PR-G 180, A Ruta da Cubela, unha fermosa ruta sinalizada que nos permite adentrarnos na Ribeira Sacra. Datos Técnicos O […]

Arredores do Pico Gilbo

Último día de estadía por estas terras. Madrugo e antes de almorzar dou un paseo pola vila e achégome ata a igrexa de Nosa Señora do Rosario, na zona máis occidental de Riaño. De factura románica (s. XIV), orixinariamente atopábase en La Puerta, pobo anegado pola construción do encoro, e trasladada a Riaño desde 1989 (seica a aparición imprevista dunha imaxe cuberta […]

Pola serra de Hormas

A Serra de Hormas, situada ao norte de Riaño, é un aliñamento montañoso antesala dos Picos de Europa, onde se acadan alturas de 2.000 m, e hoxe en día unha das principais reservas de bosque caducifolio do norte da península, pois son moi chamativas as súas dimensións, onde predominan os carballos. A visita ao interior deste espazo […]

Mirva e Rabanal

O segundo día vainos deparar a que “posiblemente sexa a ruta máis bucólica de todas as que fagamos” segundo nos comenta o Víctor, e abofé que o foi, pois chaman a atención os fabulosos bosques de faias polos que imos camiñar. Non houbo moito que madrugar, pois entre o cansos que estabamos do día anterior […]

Porto de Horcadas

Regresamos de novo a León, pero desta vez imos ás montañas do Alto Esla, na zona de Riaño, un dos lugares da Cordilleira Cantábrica máis fermosos para práctica do sendeirismo. Considerada como unha das portas de acceso aos Picos de Europa pola súa proximidade, destacan as paisaxes dos seus vales, os bosques e os seus cumios. […]

De Santa Mariña a Dumbría. Camiño de Fisterra

Datos técnicos Unha nova etapa do Camiño de Fisterra, a terceira para nós. A semana pasada decidimos alongar un pouco o número de xornadas do camiño ata Fisterra, polo que unha vez chegados a Hospital imos continuar cara a Dumbría, quedándonos para despois da Pascua a etapa ata Muxía, que se vai consolidando aos poucos […]

Ruta polo Irixo

Datos técnicos da ruta Imos ata o concello do Irixo a facer un sendeiro homologado moi fermoso, o PR-G 189 Ruta dos castros do Irixo que vai por zonas rurais, entre carballeiras, corredoiras, regatos, castros, muíños… Este itinerario do PRG comeza no Irixo de Arriba e remata en Saavedra, pero nós imos completalo facéndoo circular comezando […]

De Negreira a Santa Mariña. Camiño de Fisterra

Datos técnicos O longo percorrido desta segunda etapa, dende a conca do río Tambre á do Xallas en Olveiroa decidimos facela só ata Santa Mariña, xa no concello de Mazaricos, e dedicar a tarde a coñecer a fermosa Fervenza de Chacín, polo que deixamos de camiñar a última parte do percorrido, de Santa Mariña a Olveiroa. […]

Monte Oribio

Datos técnicos da ruta Track GPS da ruta do monte Oribio Track GPS da ruta do monte Oribio (Comprimido) Mapa da ruta do monte Oribio MIDE da ruta do monte Oribio Lonxitude: 20 km Desnivel: Alto Dificultade: Media-alta Regresamos ao monte Oribio, unha impresionante montaña situada na serra do mesmo nome entre a comarca de Samos […]

Camiño dos Arrieiros

Datos técnicos da ruta Track GPS do Camiño dos Arrieiros Track GPS do Camiño dos Arrieiros (Comprimido) Mapa da ruta do Camiño dos Arrieiros MIDE Track GPS do Camiño dos Arrieiros Lonxitude: 15 km Desnivel: medio Dificultade: media O cantar dos arrieiros éche un cantar moi baixiño, ai, la cántano en Ribadavia resoa no Carballiño, […]

Costa de Ferrol. De Covas a Valdoviño

Datos técnicos da ruta Lonxitude: 19 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño (Comprimido) Mapa da ruta de Prior a Valdoviño MIDE Track GPS da ruta de Prior a Valdoviño. Santa Combiña Bendita ten un navío no mar; quen cho dou, […]

Sendeiro de Pelamios. PR-G 194

Datos técnicos da ruta Mapa do Sendeiro de Pelamios. MIDE da ruta do Sendeiro de Pelamios. Track GPS da ruta do Sendeiro de Pelamios. Track GPS da ruta do Sendeiro de Pelamios (Comprimido). Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio-baixo Dificultade: media A ruta non ten maiores dificultades salvo un pequeno tramo do río, […]

Ruta do río Bardoso

Tiñamos programada esta ruta para o venres 27, pero por diversas causas houbo que adiantala a hoxe. A idea é chegar a Cumiáns, parroquia de Montemaior, no concello da Laracha, e achegarnos ata a casa familiar dos avós paternos de Belén onde nos agardan os seus curmáns Chucho e María José, que nos teñen preparado un programa […]

De Camelle a Cabo Vilán. Camiño dos Faros

Datos técnicos da ruta Track GPS da ruta de Camelle a cabo Vilán Track GPS da ruta de Camelle a cabo Vilán (Comprimido) Mapa da ruta de Camelle a cabo Vilán MIDE da ruta de Camelle a cabo Vilán Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: media-alta Seguimos a percorrer o Camiño dos […]

De Santiago a Negreira. Camiño de Fisterra

Quedamos ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, K0 do Camiño de frechas a Fisterra e Muxía (anque para min este camiño comeza na mesma praza do Obradoiro), pois a idea é facer a primeira etapa que remata en Negreira. A maioría xa fixo este percorrido en anteriores ocasións, polo que desta vez imos […]

Pico Sacro

Un ano máis facemos a que xa comeza a ser a tradicional ruta de Fin de Ano e, de novo, buscamos un bo lugar onde poder gozar de boas vistas mentres brindamos polo novo ano. Nesta ocasión imos ata o Pico Sacro, a pouco máis de 10 km de Santiago, unha das montañas máis míticas […]

Pico de Meda

O Pico de Meda é o pico máis alto da Terra de Soneira. É un pico característico porque ten forma cónica, de palleiro ou meda, de aí o seu nome; ten unha situación estratéxica: ofrece unha vista panorámica de 360 graos. Lonxitude: 19 km Desnivel: medio Dificultade: media A ruta comeza no lugar de Busto, en […]

Costa de Ferrol. De San Xurxo a Prior

No mes de setembro comezamos a nosa andaina pola costa de Ferrol, na zona de Doniños e Lobadiz. Agora continuamos dende a praia de San Xurxo ata cabo Prior. Despois continúa ata o lugar de As Pozas, logo de pasar pola praia de Cobas. Lonxitude: 15 km Desnivel: baixo Dificultade: baixa-media A ruta non está sinalizada, […]