Roteiro polo Tambre. De San Xoán de Fecha á ponte de Portomouro


3.924 visitas – 1 estrela2 estrelas3 estrelas4 estrelas5 estrelas (1 votos, media: 4.00 de 5)
Loading...
Na ponte de Portomouro

Na ponte de Portomouro

Non me canso de recomendar estes roteiros que comezamos este mes, organizados pola USC Deportiva. Noraboa Víctor! Esta tarde desprazámonos en bus ata a parroquia de San Xoán de Fecha para facer unha ruta ata a ponte de Portomouro, xa no concello de Val do Dubra, intentando seguir o curso do río Tambre, curso que comezamos o ano pasado á altura de Sigüeiro.

Antes de iniciar o percorrido en San Xoán de Fecha, achegámonos ata a Pedra que fala (Vilar de Rei), a observar uns petróglifos catalogados que hai nesta parroquia (Coord. 42.963005 N / -8.584625 W), fundamentalmente de tipo circular concéntrico.

Logo dun bo tramo en descenso ata alcanzar o río, é unha gozada chegar, escoitar e ver o Tambre co cauce case a rebosar e cunhas augas escuras polas chuvias destes días! Ademáis na ruta disfrútase de abraiantes paisaxes, e ten moito interese natural pola súa biodiversidade, pasando por unha fraga moi ben conservada. Son en total uns 10 km de percorrido.

Como colofón, demos boa conta dunha bica que nos trouxo Santi de Trives, acompañada dun chocolate quentiño co que nos agasallou Carmen (así dá gusto, moitas grazas!). Parece mentira que a vinte minutos de Santiago teñamos estes tesouros descoñecidos, e outros teñan que percorreer quilómetros para ver un carballo! E volvo insistir en que paga a pena a realización destes roteiros…

  • Lonxitude: 10 km aprox.
  • Dificultade: baixa
  • Desnivel: baixo-medio
PD. O track reflexa a ruta que fixemos, pero está un pouco retocado pois, en principio, íamos facer un par de quilómetros máis que deixamos para outra, co fin de achegarnos a ver a Pedra que Fala.


Ver De San Xoán de Fecha á ponte de Portomouro nun mapa máis grande



Galería

Roteiro polo Tambre. De San Xoán de Fecha á ponte de Portomouro


2 comments

  1. Responder

    Moi boas. O sendeiro que fixemos realmente é unha preciosidade. Tivemos a sorte de facelo xusto despois das chuvias, deste xeito estaba todo con colorido abraiante.

    Moitas grazas pola vosa participación. E un agradecemento especial a Santi pola bica, a Fran por levala e compartila e a Carmen polo chocolate quente.

    Se queredes vémonos nos vindeiros roteiros e rutas

  2. Responder

    Mariví

    Para cuandouna exposición de preciosas fotografías de los roteiros?. Cada vez te salen mejor, no solo porque los paisajes sean bonitos, es que eliges muy bien, y enfocas mejor!!!. Bicos

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*