Arquivos de etiquetas: YouTube

De Ameijoeira a Monterredondo

Seguimos facendo etapas deste camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro-Breeiro, que deixáramos na ponte do Pilar do mes de outubro cun tempo espléndido por estas paraxes do Parque Natural Peneda Gerês, e que retomamos nesta quinta etapa do camiño de Braga a Compostela cun día non tan espléndido por mor da chuvia e da néboa, pero que están […]

Subida ao Capeloso

Outra xornada outonal para lembrar! Desta vez fomo de novo ata o Monte Capeloso no que xa estivemos anteriormente. No outono do 2015 acadamos o seu cumio dende Zanfoga (ver a entrada aquí), parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro. Nesta ocasión o ascenso fixémolo dende Las Herrerías, lugariño do concello de Vega de Valcarce, en pleno […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Ruta do Farricoque

Regresamos ao concello de Nogueira de Ramuín, enclavado en plena Ribeira Sacra, para facer un percorrido coñecido como a ruta do Farricoque. En realidade non imos facer o percorrido completo e ímolo adaptar un pouco ás nosas necesidades. Lonxitude: 17 km Desnivel: medio (forte en puntos concretos) Dificultade: media Track GPS da ruta do Farricoque […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Las Puentes de Malpaso

A ruta de «Las Puentes de Malpaso», como lle chaman nesta zona (supoño que terá algo que ver coa forma galega, tamén en feminino), comeza mesmo na localidade berciana de Molinaseca. Preparamos unha variante circular que permite gozar de variadas paisaxes: zonas altas con boas panorámicas e vales encaixados con bosques de aciñeiras. Ten a ruta […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Cabo Vilán a Ponte do Porto. Camiño dos Faros

Continuamos a percorrer o Camiño dos Faros onde rematamos a última andaina, no cabo Vilán. O primeiro teramo do percorrido vai pegado á costa, por zonas de cantís, ata chegar á capela da Virxe do Monte, onde podemos gozar dunhas estupendas panorámicas. Dende aquí continuamos ata a localidade de Camariñas; máis adiante, xa na parroquia de […]

Ruta do río Chanca e ruta da Pedra e da Auga

Unha boa opción para este setembro que estamos a ter é visitar a zona de O Salnés. Primeiramente paramos en Cambados a tomar o café e facer unha visita rápida, casi obrigada, ao cemiterio de Santa María. Despois desprazámonos ata a parroquia de Lores, onde comeza a ruta. O percorrido une dous sendeiros homologados: o […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

Circular por Ribeira

Ruta circular polo concello de Ribeira, visitando o pobo mariñeiro de Aguiño, percorrendo o litoral da boca norte da Ría de Arousa, toda a liña da costa ata as praias de Anguieiro e a do Vilar; a volta faise polo parque de San Roque. Moi doada e con excelentes vistas. Distancia: 19 km aprox. Desnivel: Baixo […]

Camiño de San Salvador 5. Mieres – Oviedo

Malia que para estes cinco días non levei a cámara fotográfica (saqueina a última hora da mochila) e, como mal menor, usei a do teléfono móbil para fotografar estas paraxes, ademais de aproveitarme das fotos que tira o Jaime, gardarei sempre un grato recordo deste Camiño, o meu primeiro Camiño. Lonxitude: 18 km (4,4 km/h) […]

Roteiros Galegos 2015

Rematamos outro ano máis de andainas e non queremos deixar de pasar a ocasión para agradecer a vosa participación e o voso apoio a este blog, para que este proxecto siga adiante coa mesma ilusión do primeiro día. Roteiros Galegos pretende ser un espazo no que podemos conectar dun xeito moi especial a través do sendeirismo. Non pretendemos facer unha […]

Monte Capeloso. Entre o Cebreiro e o Courel

Viaxamos ata o concello de Pedrafita do Cebreiro, municipio fortemente influenciado pola súa relevancia no Camiño de Santiago, e comezamos a nosa ruta en Zanfoga, para facer un percorrido circular entre a parte norte do Courel e a zona do Cebreiro, que inclúe a subida ao cumio do Capeloso (1598 m), dende onde se goza dunhas panorámicas espectaculares. O […]

De Niñóns ao Roncudo. Camiño dos Faros

Para facer este itinerario seguimos parte da segunda etapa do Camiño dos Faros, unha senda de 203,50 quilómetros que enlaza os faros da Costa da Morte, de Malpica a Fisterra. Saimos dende a  praia de Niñóns, indo practicamente todo o rato pegados á costa, por zonas de cantís e rematamos no Roncudo. Un percorrido que ten un […]

Serra do Xistral

Sendeirismo pola Serra do Xistral

Nesta ocasión desprazámonos para disfrutar da Serra do Xistral, macizo montañoso septentrional que separa a Terra Cha do mar. Esta Serra ocupa 22.964 ha e a súa altura máxima son os 1046 m do Cadramón. A paisaxe está case deshabitada, mantendo só pequenas aldeas e nos seus prados crianse cabalos e vacas en estabulación libre. É a zona […]