Arquivos de etiquetas: Ruta circular

Ruta do Val de Ponga

O segundo día achegámonos a San Xuan de Beleño (Beleñu), capital do concello de Ponga, para visitar o Centro de Interpretación do Parque Natural e, deste xeito, coñecer un pouco mellor os valores naturais, paisaxísticos e culturais destas terras… e non entendemos como hai partidos que se opoñen a que sexa declarado reserva da biosfera. […]

Andaina por Muros, Laxa das Rodas, Monte Louro

Xa ven sendo tradición que un grupo de membros da USC aproveitamos a celebración do San Tomé de Aquino para facer unha escapadiña e ir camiñar, con xantar incluido. Desta vez fomos dar un paseo circular duns 18 km, guiados por Antón Lado (un muradán de pro) que, aproveitándonos da súa dispoñibilidade, levounos pola fermosa vila mariñeira de Muros, declarada Conxunto Histórico […]

Pena de Fornos. Santalla de Bóveda

Xa hai anos que visitamos o monumento de Santalla de Bóveda, un dos nosos tesouros histórico-artísticos que, curiosamente, non é moi coñecido. Iniciamos a xornada facendo a visita a este edificio de época tardo romana da man de don Nicandro Ares, membro correspondente da RAG e estudoso da toponimia galega que, a pesares da súa afonía, deleitounos cos […]

Monte Capeloso. Entre o Cebreiro e o Courel

Viaxamos ata o concello de Pedrafita do Cebreiro, municipio fortemente influenciado pola súa relevancia no Camiño de Santiago, e comezamos a nosa ruta en Zanfoga, para facer un percorrido circular entre a parte norte do Courel e a zona do Cebreiro, que inclúe a subida ao cumio do Capeloso (1598 m), dende onde se goza dunhas panorámicas espectaculares. O […]

Ruta pola Braña de Buenverde e El Miro de Tejedo

Despois da homenaxe que nos demos co copioso almorzo no Albergue Turístico Superior Francisco Giner de los Ríos, e da sorpresa coa que nos agasallou Elvira ao compartir un estupendo bizcoito con pasas, noces… e non sei que máis, dispoñémonos un día máis a realizar unha fermosa ruta, pois o percorrido de hoxe ten un altísimo […]

Ruta do bosque de Brañarronda

Imos de fin de semana en Villablino! Sempre digo que estou desexando facer estas escapadas, e é certo, pois desfrútoas coma un anano, mágoa que sexan tan poucas… Estivemos aloxados no estupendo Albergue Turístico Superior Francisco Giner de los Ríos, en réxime de media pensión, en cuartos dobres. O sábado comezamos a ruta antes de instalarnos […]

Ruta polo Monte Cepudo

Lonxitude da ruta: 17 km  aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-baixa Nesta ocasión visitamos o monte Cepudo, moito máis coñecido na bisbarra de Vigo como Monte Alba, pois alberga no seu cumio unha pequena ermida adicada á virxe da Alba. É un monte de alturas discretas, pois só acada os 500 m de altitude, pero ao estar tan […]

Polas Fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva. PR-G165

A de hoxe presentábase como unha xornada festeira, pois tiñamos reservado para Suso unha serie de sorpresas, por isto de celebrar as súas 151 andainas coa USC, e que lle fomos dando ao longo do día… e comezamos ben cedo! Recibiunos o bus que nos leva por Galicia adiante ben engalanado de guirnaldas e cunha […]

Ruta pola Serra Martiñá. Cea

Lonxitude: 18 km Dificultade: media Desnivel: medio Comezamos a xornada en San Cristovo de Cea, tomando un café no Vaticano e dando un paseo pola vila antes de iniciar a andaina; perviamente fixemos unha parada para ir visitar o Forno de Ana e aprovisionarnos dunha peza de pan de Cea. Algo debe ter o pan, cando está incluído no “padrenuestro”, […]

Ruta polo Río Barbantiño

“Quedan as pedras e as areas e os restos dos seus cacharros e os seus torques e as súas axorcas, as súas espadas, as súas pedras puídas e talladas; quedan mil cousas que foron súas, pero eles fóronse e ninguén sabe do seu ser de homes, da súa intimidade humana”.  Luís Manteiga, década dos 30 […]

Serra do Careón. Toques

Desta vez fomos á comarca de Terra de Melide, á Serra do Careón, que está situada entre os concellos de Toques, Palas de Rei e Friol. O Careón é unha serra de alturas moderadas e ten unhas características especiais que fan que sexa unha área de grande interese xeolóxico a nivel peninsular e dunha excepcional relevancia botánica. […]

Ruta por Caminha

Viaxamos ata Caminha, importante concello do norte de Portugal, para facer unha pequena ruta que nos levou ata a Cruz de Moledo. Lonxitude da ruta: 14 km aprox. Desnivel: medio-baixo. Dificultade: media-baixo.  mide Caminha [pdf – 84 kb][Actualizado: 27/5/14] A ruta comeza na vila de Caminha, percorrendo o paseo xunto ao río que vai ata a praia […]