Arquivos de etiquetas: Ruinas romanas

Geira Romana e dos Arrieiros. De Campo de Gerês a Lobios

A terceira etapa percorrendo o camiño xacobeo (que non está recoñecido como oficial), é a última que discorre por esta Geira, a antiga calzada romana Vía Nova, ou Vía XVIII, que aínda mantén por estas paraxes un dos seus treitos máis ben preservados. Pasa por un dos entornos máis fermosos do Parque Nacional Peneda-Gerês, pois a primeira […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Caldelas a Campo de Gerês

Logo da etapa inicial, case urbana, deste camiño a Santiago, hoxe acometemos unha máis longa e dura, que percorremos fundamentalmente pola Geira ou Vía Nova, a vía romana mellor preservada en Portugal, que conta con máis de 230 miliarios ao longo do seu percorrido ata Astorga. Powered by Wikiloc Se onte a vía ascendía por relanzos […]

Geira Romana e dos Arrieiros. De Braga a Caldelas

Coincidindo coa ponte do Pilar, un grupo de amigos desprazámonos ata Braga para comezar a percorrer, durante catro días, un camiño xacobeo que non está recoñecido como oficial, o camiño Jacobeu Minhoto Ribeiro Breeiro, e que durante o periplo portugués vai pola antiga calzada romana Vía Nova, mencionada no itinerario de Antonino como Vía XVIII, que […]

Ruta da Corga do Fecha, Cabaniña do Curro e a Vía Nova

Esta fin de semana fomos camiñar polo parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Estivemos aloxados en Lobios, no hotel Lusitano, en réxime de media pensión e moi ben atendidos, polo qque é un establecemento moi recomendable para achegarnos ata o parque natural. Creo que calquera vila da Galicia, sobre todo do interior, sentiríase […]

Pena de Fornos. Santalla de Bóveda

Xa hai anos que visitamos o monumento de Santalla de Bóveda, un dos nosos tesouros histórico-artísticos que, curiosamente, non é moi coñecido. Iniciamos a xornada facendo a visita a este edificio de época tardo romana da man de don Nicandro Ares, membro correspondente da RAG e estudoso da toponimia galega que, a pesares da súa afonía, deleitounos cos […]

Ruta polo Alto do Conforco

Nesta primeira fin de semana de novembro fomos percorrer unha pequena parte da fermosa Maragatería, e para iso desprazámonos ata Astorga. Estivemos aloxados en réxime de media pensión no hotel-restaurante La Peseta, altamente recomendable para quen queira pasar unha fin de semana nesta vila.  Ruta polo “alto del Conforco” (zona de Santa Colomba de Somoza)   Lonxitude […]

Camiño de San Rosendo II. De Celanova a Bande

Este sábado desprazámonos de novo ata a Baixa Limia, e fomos percorrer a segunda parte do Camiño de San Rosendo que iniciáramos no mes de febreiro. Nesta ocasión fixemos o tramo á inversa, de Celanova ata Bande, pois tiñamos visita concertada ao Mosteiro de Celanova pola mañá. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track […]

Ruta pola Lagoa de Antela e os Montes de Cerredelo

Como xa comentei no roteiro de onte, estamos na Limia Alta, ao sur da provincia de Ourense, onde había ata finais dos anos 50 a máis extensa lagoa de auga doce (42 km²) da Península Ibérica, a Lagoa de Antela, a 611 m sobre o nivel do mar. Coñecida tamén como Lago Beón, en referencia ao xunco […]

Ruta da Vía Nova (Pobra de Trives)

O Domingo 27 fixemos a ruta da Vía Nova. Despois de dar un pequeno paseo por Trives Vello e de admirar as súas rúas e arquitectura ben conservada en xeral, desprazámonos uns 2,2 km no autobús en dirección A Rúa (C-236) ata a Ponte Cabalar, onde comezamos o percorrido. Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio […]