Arquivos de etiquetas: Río

Polas Fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva. PR-G165

A de hoxe presentábase como unha xornada festeira, pois tiñamos reservado para Suso unha serie de sorpresas, por isto de celebrar as súas 151 andainas coa USC, e que lle fomos dando ao longo do día… e comezamos ben cedo! Recibiunos o bus que nos leva por Galicia adiante ben engalanado de guirnaldas e cunha […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 III

Hoxe é unha xornada moi especial para este grupo, pois o Suso celebra as 150 camiñadas coa USC! Resulta que o home andaba preocupado pois cría que non ía chegar a esta cifra xa que, entre os problemas das rodillas e os arrefriados invernais que impediron que se apuntase ás andainas, non lle chegaba o […]

Ruta polo Río Barbantiño

“Quedan as pedras e as areas e os restos dos seus cacharros e os seus torques e as súas axorcas, as súas espadas, as súas pedras puídas e talladas; quedan mil cousas que foron súas, pero eles fóronse e ninguén sabe do seu ser de homes, da súa intimidade humana”.  Luís Manteiga, década dos 30 […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 II

Neste marzo pasado remataba a entrada da primeira andaina pola Ribeira Sacra do Miño expresando as gañas que tiña por facer a segunda parte do PR G-162, pois deixárame unha grande sensación pola fermosura de andaina fixemos. Pois se daquela expresaba isto, non vos podedes imaxinar a que fixemos hoxe! hai que percorrela, é das rutas que hai que facer sí ou sí, […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Camiño de San Rosendo IV. De Celanova a Parderrubias

Con este percorrido completamos o camiño entre Santa Comba de Bande e a cidade de Ourense, que comezamos en febreiro do ano pasado. Antes de comezar a xornada, non me resistín ir visitar de novo o impresionante claustro de San Salvador, o que aproveito para comentaros un acontecemento que me lembrou a andarina Carmen, pois […]

Ruta polo canón do río Mao

Aínda que pareza incrible…. por fín! Este sábado tivemos un día estupendo para desfrutar do sendeirismo. E de novo á Ribeira Sacra! pero desta vez fomos á beira ourensá do outro gran río de Galicia, o Sil, e máis concretamente ao concello de Parada de Sil para admirar dun dos enclaves máis fermosos deste concello, o […]

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I

Esta ruta tiñamos pensado facela o sábado 8 de febreiro, pero por mor do tempo tan nefasto que estamos a ter neste inverno, decidiuse aprazala para este primeiro sábado de marzo. Para isto, fomos percorrer parte do sendeiro PR-G 162 en O Saviñao, concello enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de Terra de Lemos. Trátase da ruta […]

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño

Aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo como Xerardo, Suso, Manolo ou eu, e algún máis como Jaime, Manolo e Alejandro, desprazámonos ata Cans, en Ponteareas e fixemos a ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño que o Xerardo tiña gañas de facer dende hai tempo, unha combinada, […]

Ruta polos Montes da Ruña. Devesa de Anllares

Os montes da Ruña érguense por riba dos 600 m, e son un miradoiro fantástico sobre a comarca do Xallas. Pasamos tamén pola fermosa devesa de Anllares, que é o bosque atlántico máis occidental de Europa. Lonxitude da ruta: 15 km Desnivel: medio (principalmente de subida) Dificultade: media MIDE da ruta dos montes da Ruña A ruta comeza en Olveiroa, no concello […]

Camiño de San Rosendo III. De Parderrubias a Ourense

Na primeira ruta de 2014 percorremos o camiño de San Rosendo entre A Merca e Ourense, e para iso tivemos que madrugar un pouquiño, pois saímos ás oito da mañá camiño de Parderrubias. A miña curmá Marisa agasalloume con este poema de Celso Emilio Ferreiro, moi acaido tanto por ser a primeira ruta do ano […]

Ruta dos ríos de Vilacoba e San Xusto

O Sendeiro dos ríos Vilacoba e San Xusto, é unha ruta circular no concello de Lousame de 24 km de lonxitude, que fixemos nunhas seis horas. A ruta está ben sinalizada, anque tamén hei de dicir que en determinados puntos faltaba algunha que outra marca nalgún cruce, sobre todo cando pasamos por núcleos de poboación, pero nada que Xerardo non superase coa […]

Ruta polo Baixo Miño

Hoxe desprazámonos á Comarca do Baixo Miño, onde se atopa o fértil municipio de O Rosal moi coñecido pola excelente calidade dos seus viños (é unha subzona da Denominación de Orixe “Rías Baixas”), ademáis da súa beleza natural, motivo que nos trouxo ata aquí, e rematamos na vila de A Guarda. Lonxitude da ruta: 23 km […]

Ruta polo val do río Cuíña

Fin de semana na Serra de Ancares! Desta vez fomos ao Val de Ancares, no concello leonés de Candín, polo que fixemos dúas rutas por unha zona dun altísimo interese natural e paisaxístico. Lonxitude da ruta: 15  km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS Fervenza Cuiña (Comprimido).zip Estivemos aloxados en dúas estupendas casas de turismo […]

Ruta da Fraga do Barragán

A senda da Fraga de Barragán é un auténtico tesouro natural no interior de Pontevedra. O percorrido que fixemos é un sendeiro sinalizado e homologado, o PR-G164. A paisaxe é moi variada con zonas de monte, río, aldeas, aínda que predomina a zona de fraga. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media […]

Ribeira Sacra III. Dúas rutas por Parada de Sil

Volvemos por terceira vez neste ano á Ribeira Sacra, pero nesta ocasión visitamos a parte sur, a zona de Ourense. Hai uns anos xa estivéramos en Parada de Sil facendo un tramo dunha senda marcada (o PR-G98). Agora fixemos a parte que nos quedou sen facer daquela. É un percorrido circular que comeza en remata […]