Arquivos de etiquetas: Río

Ruta da Corga do Fecha, Cabaniña do Curro e a Vía Nova

Esta fin de semana fomos camiñar polo parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Estivemos aloxados en Lobios, no hotel Lusitano, en réxime de media pensión e moi ben atendidos, polo qque é un establecemento moi recomendable para achegarnos ata o parque natural. Creo que calquera vila da Galicia, sobre todo do interior, sentiríase […]

Ruta de Maquino Largaño

  Lonxitude: 16 km Desnivel: medio Dificultade: media O concello de Nogueira de Ramuín ten unha marabillosa ruta sinalizada, circular, que percorre os puntos de interese máis importantes do concello: bosques, aldeas, o Sil, San Estevo…. É a ruta de Maquino Largaño, que na lingua dos afiadores, o barallete, significa Camiño Longo, pois esta comarca […]

Ruta da Broa

Viaxamos nesta ocasión ao concello ourensán da Merca para realizar un fermoso percorrido circular coñecido como Ruta da Broa (denomínase “A Broa” ao territorio conformado polas parroquias de Corvillón, Entrambosríos, Olás e Zarracós, todas elas pertencentes ao concello da Merca e situadas na marxe esquerda do río Arnoia). Lonxitude: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media Aproveitando […]

Ruta do Val de Ponga

O segundo día achegámonos a San Xuan de Beleño (Beleñu), capital do concello de Ponga, para visitar o Centro de Interpretación do Parque Natural e, deste xeito, coñecer un pouco mellor os valores naturais, paisaxísticos e culturais destas terras… e non entendemos como hai partidos que se opoñen a que sexa declarado reserva da biosfera. […]

Roteiro polo Sarela

Esta é unha das andainas que fago pola cidade con moita regularidade, e nunca me canso dela! E como había tempo que non publicaba nada de Santiago, decidín facelo co Roteiro por Compostela que fixemos este mércores: fomos camiñar polo río Sarela. Lonxitude: 8 km aprox. Desnivel: baixo Dificultade: baixa Despois de xuntarnos na piscina universitaria, comezamos […]

Ribeira Sacra. Os Peares

Que gañas tiña de volver facer unha andaina! Despois da “sequía” provocada polas alertas amarelas, laranxas… do mes pasado que, por outra banda, insisto que hai que respectar sobre todo con alertas de neve pois non hai que esquecer que a Natureza manda e pódenos poñer nun apuro ben serio; pero, por fin tivemos un regalo! […]

De Corme a Cabana de Bergantiños. Camiño dos Faros

Seguimos coñecendo a nosa costa percorrendo o Camiño dos Faros. Nesta ocasión comezamos no porto de Corme e imos ata Cabana. O percorrido vai por zonas de alto interese paisaxístico como por exemplo o estuario do Anllóns, e pasa pola vila de Ponteceso. O día foi perfecto para facer este tramo, pois regalounos unha espléndida temperatura, sen vento e […]

Ruta polo Parque Natural de Fragas do Eume

Desprazámonos desta vez ata As Neves, capital municipal do concello da Capela, para facer unha das rutas que paga a pena facer en Galicia, pois ímonos adentrar no Parque Natural das Fragas do Eume, declarado Parque Natural en 1997 e que constitúe a mellor representación do bosque Atlántico Termófilo de toda a Europa Atlántica tanto […]

Ruta de Peña Redonda. Percorrido polo Douro e visita a Miranda do Douro

Ruta de Peña Redonda A ruta do sábado foi a máis longa das que se fixeron. Comeza na vila de Torregamones, a 3 quilómetros de Moralina, e vai ata Peña Redonda, un dos miradoiros máis fermosos e impresionantes dos Arribes do Douro. Lonxitude: 16 km Dificultade: Baixa-Media Desnivel: Baixo-Medio O percorrido lévanos por unha cómoda pista ata Os […]