Arquivos de etiquetas: Ribeira Sacra

Ruta do Contrabando

No pasado abril fixemos unha fermosa ruta no concello de Nogueira de Ramuín, a de Maquino Largaño, dende Luintra ata o Mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil, e quedara marabillado con ela. A  Ribeira Sacra representa un dos lugares máxicos de Galicia. Da igual que percorramos a conca do Miño ou a do Sil, […]

Ruta de Maquino Largaño

  Lonxitude: 16 km Desnivel: medio Dificultade: media O concello de Nogueira de Ramuín ten unha marabillosa ruta sinalizada, circular, que percorre os puntos de interese máis importantes do concello: bosques, aldeas, o Sil, San Estevo…. É a ruta de Maquino Largaño, que na lingua dos afiadores, o barallete, significa Camiño Longo, pois esta comarca […]

Ribeira Sacra. Os Peares

Que gañas tiña de volver facer unha andaina! Despois da “sequía” provocada polas alertas amarelas, laranxas… do mes pasado que, por outra banda, insisto que hai que respectar sobre todo con alertas de neve pois non hai que esquecer que a Natureza manda e pódenos poñer nun apuro ben serio; pero, por fin tivemos un regalo! […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 III

Hoxe é unha xornada moi especial para este grupo, pois o Suso celebra as 150 camiñadas coa USC! Resulta que o home andaba preocupado pois cría que non ía chegar a esta cifra xa que, entre os problemas das rodillas e os arrefriados invernais que impediron que se apuntase ás andainas, non lle chegaba o […]

Ribeira Sacra do Miño. PR-G 162 II

Neste marzo pasado remataba a entrada da primeira andaina pola Ribeira Sacra do Miño expresando as gañas que tiña por facer a segunda parte do PR G-162, pois deixárame unha grande sensación pola fermosura de andaina fixemos. Pois se daquela expresaba isto, non vos podedes imaxinar a que fixemos hoxe! hai que percorrela, é das rutas que hai que facer sí ou sí, […]

Ruta polo canón do río Mao

Aínda que pareza incrible…. por fín! Este sábado tivemos un día estupendo para desfrutar do sendeirismo. E de novo á Ribeira Sacra! pero desta vez fomos á beira ourensá do outro gran río de Galicia, o Sil, e máis concretamente ao concello de Parada de Sil para admirar dun dos enclaves máis fermosos deste concello, o […]

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I

Esta ruta tiñamos pensado facela o sábado 8 de febreiro, pero por mor do tempo tan nefasto que estamos a ter neste inverno, decidiuse aprazala para este primeiro sábado de marzo. Para isto, fomos percorrer parte do sendeiro PR-G 162 en O Saviñao, concello enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de Terra de Lemos. Trátase da ruta […]

Ribeira Sacra III. Dúas rutas por Parada de Sil

Volvemos por terceira vez neste ano á Ribeira Sacra, pero nesta ocasión visitamos a parte sur, a zona de Ourense. Hai uns anos xa estivéramos en Parada de Sil facendo un tramo dunha senda marcada (o PR-G98). Agora fixemos a parte que nos quedou sen facer daquela. É un percorrido circular que comeza en remata […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense II

Estou abraiado por tanto interés que amosáchedes moitas e moitos de vós ao notardes a miña ausencia neste roteiro, e dicirvos que recibín moitas mensaxes, chamadas, correos… moi agarimosos. Mágoa de non poder percorrer con vós este último tramo do sendeiro entre Vilar de Mouros a Augas Mestas, pero a súa exixencia obrigoume a desbotar de facelo […]

Canón do Sil. Ribeira Sacra Lucense I

Esta ruta estaba prevista que fora a primeira do ano, pero houbo que aprazala pola cicloxénexe explosiva anunciada para o 19 de xaneiro e hoxe, por fin, pudemos realizala. Forma parte do sendeiro homologado PR-G157, Doade-Augasmestas. Lonxitude da ruta: 14 km Desnivel: medio Dificultade: media Track GPS da ruta de Doade Vilar de Mouros (Comprimida).zip […]

Paporrubio

Ruta por Esgos. San Pedro de Rocas

Desta volta fomos a Esgos, regresamos de novo á Ribeira Sacra, ese fermoso nome que nunca designou unha comarca ou entidade administrativa e que aínda hoxe, a pesar da súa fama, é de difícil delimitación. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (pode haber lama nos camiños) Mapa e perfil da ruta: […]