Arquivos de etiquetas: Peto de ánimas

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Dumbría a Muxía. Camiño de Fisterra

Nova etapa do Camiño de Fisterra, na que imos ver o mar por primeira vez desde que comezáramos a camiñar dende Santiago. Así que hoxe nos agrupamos en Dumbría coa intención de chegar ata Muxía. O principal motivo polo que optamos en Hospital de vir cara a Muxía e non a Fisterra é precisamente pola etapa […]

Polas Fragas e levadas dos ríos Calvo e Deva. PR-G165

A de hoxe presentábase como unha xornada festeira, pois tiñamos reservado para Suso unha serie de sorpresas, por isto de celebrar as súas 151 andainas coa USC, e que lle fomos dando ao longo do día… e comezamos ben cedo! Recibiunos o bus que nos leva por Galicia adiante ben engalanado de guirnaldas e cunha […]

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I

Esta ruta tiñamos pensado facela o sábado 8 de febreiro, pero por mor do tempo tan nefasto que estamos a ter neste inverno, decidiuse aprazala para este primeiro sábado de marzo. Para isto, fomos percorrer parte do sendeiro PR-G 162 en O Saviñao, concello enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de Terra de Lemos. Trátase da ruta […]

Ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño

Aproveitando a celebración de San Tomé de Aquino na Universidade, algún incondicional do sendeirismo como Xerardo, Suso, Manolo ou eu, e algún máis como Jaime, Manolo e Alejandro, desprazámonos ata Cans, en Ponteareas e fixemos a ruta dos Montes de San Cibrán e o Faro de Budiño que o Xerardo tiña gañas de facer dende hai tempo, unha combinada, […]

Visita ao Val Miñor dos socios do MPG

Os socios do Museo do Pobo Galego viaxamos este sábado, 16 de novembro, ata o Val Miñor para coñecer aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e o seu amplo e interesante labor de difusión cultural e recuperación do patrimonio. Recibíronnos na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde presentamos o nº 7 de ADRA, […]

Ruta por Outes. Ascenso ao Monte Tremuzo

Na marxe norte da ría de Noia e Muros, no concello de Outes, unha ruta para achegarse ao miradoiro do monte Tremuzo. Lonxitude da ruta: 15 km  aprox. Desnivel: medio (tanto de subida coma de baixada) Dificultade: media Se algo caracteriza esta ruta é a variedade de paisaxes: ría, praia, aldeas, zonas forestais… O percorrido comezámolo […]

Ruta polo Baixo Miño

Hoxe desprazámonos á Comarca do Baixo Miño, onde se atopa o fértil municipio de O Rosal moi coñecido pola excelente calidade dos seus viños (é unha subzona da Denominación de Orixe “Rías Baixas”), ademáis da súa beleza natural, motivo que nos trouxo ata aquí, e rematamos na vila de A Guarda. Lonxitude da ruta: 23 km […]

Camiño de San Rosendo II. De Celanova a Bande

Este sábado desprazámonos de novo ata a Baixa Limia, e fomos percorrer a segunda parte do Camiño de San Rosendo que iniciáramos no mes de febreiro. Nesta ocasión fixemos o tramo á inversa, de Celanova ata Bande, pois tiñamos visita concertada ao Mosteiro de Celanova pola mañá. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Celanova, a […]

Camiño de San Rosendo I

Este sábado desprazámonos ata a Baixa Limia, e fomos percorrer parte do Camiño de San Rosendo, que forma parte dos Camiños Naturais habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta ocasión fixemos o tramo de Santa Comba ata Bande. A ruta leva o nome de San Rosendo polo Santo que se coñece como o defensor e pacificador de […]

Paporrubio

Ruta por Esgos. San Pedro de Rocas

Desta volta fomos a Esgos, regresamos de novo á Ribeira Sacra, ese fermoso nome que nunca designou unha comarca ou entidade administrativa e que aínda hoxe, a pesar da súa fama, é de difícil delimitación. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (pode haber lama nos camiños) Mapa e perfil da ruta: […]