Arquivos de etiquetas: Pazo

De Negreira a Santa Mariña. Camiño de Fisterra

Datos técnicos O longo percorrido desta segunda etapa, dende a conca do río Tambre á do Xallas en Olveiroa decidimos facela só ata Santa Mariña, xa no concello de Mazaricos, e dedicar a tarde a coñecer a fermosa Fervenza de Chacín, polo que deixamos de camiñar a última parte do percorrido, de Santa Mariña a Olveiroa. […]

De Santiago a Negreira. Camiño de Fisterra

Quedamos ás nove da mañá na Carballeira de San Lourenzo, K0 do Camiño de frechas a Fisterra e Muxía (anque para min este camiño comeza na mesma praza do Obradoiro), pois a idea é facer a primeira etapa que remata en Negreira. A maioría xa fixo este percorrido en anteriores ocasións, polo que desta vez imos […]

Ruta dos tres pazos

Organizou Manolo tan ben o roteiro por Brión en novembro pasado, que o comprometimos para que nos fixera outra andaina polas terras barcalesas e cumpriu, vaia se cumpriu! Hoxe fomos camiñar ben perto de Santiago, xa que nos desprazamos ata o concello de Negreira para percorrer a denominada por Manolo Ruta dos Tres Pazos, pois visitamos […]

Visita ao Val Miñor dos socios do MPG

Os socios do Museo do Pobo Galego viaxamos este sábado, 16 de novembro, ata o Val Miñor para coñecer aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e o seu amplo e interesante labor de difusión cultural e recuperación do patrimonio. Recibíronnos na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde presentamos o nº 7 de ADRA, […]

Roteiro por Brión

Este día de Santos fomos facer un roteiro polo concello de Brión, máis concretamente polas parroquias de Óns e Viceso, cuns camiños, á beira do Tambre, doados de andar e que permiten tomar distintas opcións por se optamos por un percorrido máis ou menos longo, podéndote mover ao chou, sen medo a perderse. Nós fixemos en total […]

Ruta Especial polo Salnés

Lonxitude da ruta: 7 km Desnivel: non ten Dificultade: moi baixa Este día foi un tanto especial xa que é a última ruta dunha xornada que facemos neste curso, polo que ademais de camiñar fixemos outras cousas moi interesantes. Empezamos o día facendo unha parada en Cambados para tomar o café e tivemos un pouquiño […]

Nacemento do Miño. Serra de Meira e A Pastoriza

Comezamos a andaina no concello de Meira e rematámola no sur do concello da Pastoriza, na área recreativa de Baltar. Parte do sendeiro, no tramo da Pastoriza, está sinalizado e forma parte da rede galega de sendeiros homologados, o PR-G-153, e ten un alto interese paisaxístico e natural. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: baixo […]

De Carballiño a Pazos de Arenteiro e Leiro

Esta fin de semana fomos ata as Terras do Avia, para facer o Roteiro do río Arenteiro. A ruta comeza no Carballiño e remata en Pazos de Arenteiro, 14 km pero, como tiñamos gañas de camiñar, continuamos ata Leiro, 5 km máis. Lonxitude da ruta: 19 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada polo […]

Ruta da Vía Nova (Pobra de Trives)

O Domingo 27 fixemos a ruta da Vía Nova. Despois de dar un pequeno paseo por Trives Vello e de admirar as súas rúas e arquitectura ben conservada en xeral, desprazámonos uns 2,2 km no autobús en dirección A Rúa (C-236) ata a Ponte Cabalar, onde comezamos o percorrido. Lonxitude da ruta: 15 km aprox. Desnivel: medio […]

Ruta de Sobrado (Pobra de Trives)

Nesta fin de semana viaxamos ás terras de Trives. A Pobra de Trives está situada na zona interior da provincia de Ourense, na alta montaña. O seu territorio presenta grandes contrastes e está dominado polos cumes de Manzaneda. Trátase dun terreo escarpado con cumes de ata 1500 metros polo sur, na Serra de Queixa; estas montañas van […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]

Pazos de Arenteiro – Leiro e San Clodio

Lonxitude da ruta: 13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-baixa Antes de comezar a ruta e mesmo ao cruzar a ponte que nos leva a Pazos atopámonos cuns veciños na rúa atarefados coa matanza de dous porcos e utilizando aínda as pedras para limpar a súa pel, unha vez chamuscados con fieitos (nada de soplete!). […]