Arquivos de etiquetas: Museo

Ruta do río Bardoso

Tiñamos programada esta ruta para o venres 27, pero por diversas causas houbo que adiantala a hoxe. A idea é chegar a Cumiáns, parroquia de Montemaior, no concello da Laracha, e achegarnos ata a casa familiar dos avós paternos de Belén onde nos agardan os seus curmáns Chucho e María José, que nos teñen preparado un programa […]

Xeira do MPG a Sálvora e Artes

O sábado 10 de setembro, os socios e socias do Museo do Pobo Galego fixemos unha excursión á ría de Arousa para visitar, primeiro, a illa de Sálvora onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas e, posteriormente, o museo do gravado situado en Outeiro-Artes. Partindo de Aguiño, os viaxantes fomos […]

Ruta do bosque de Brañarronda

Imos de fin de semana en Villablino! Sempre digo que estou desexando facer estas escapadas, e é certo, pois desfrútoas coma un anano, mágoa que sexan tan poucas… Estivemos aloxados no estupendo Albergue Turístico Superior Francisco Giner de los Ríos, en réxime de media pensión, en cuartos dobres. O sábado comezamos a ruta antes de instalarnos […]

Courel. Ruta de Valdomir a Vilamor

Fin de semana no Courel! Desprazámonos a unha das xoias do noso patrimonio natural: A Serra do Courel. Terra do Courel, aspra e forte, de inxente beleza… Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas… Á lus do candil, 1953. Anxel Fole. Aloxámonos no albergue de Folgoso do Courel, que dispón de habitacións para […]

Ruta nocturna por Fisterra

Este sábado fixemos unha engaiolante andaina nocturna en Fisterra, ao cabo da fin do mundo. Lonxitude da ruta: 11 km Desnivel: baixo-medio (tanto de subida como de baixada) Dificultade: baixa- media MIDE da ruta nocturna de Fisterra Saímos cedo, pola tarde, para aproveitar o tempo antes do solpor. Xa en Fisterra partimos do porto en […]

Ruta polas Médulas e o seu entorno

Como me gustan as rutas de fin de semana, e estas foron das que se saborean de verdade! Fomos ata as Médulas, lugar pertencente ao municipio de Carucedo, na Comarca do Bierzo, e estivemos aloxados en réxime de media pensión no Hotel Medulio (con boas instalacións, pero a atención podía estar mellor…). Lonxitude da ruta: 15  km aprox. […]

Ruta pola Lagoa de Antela e os Montes de Cerredelo

Como xa comentei no roteiro de onte, estamos na Limia Alta, ao sur da provincia de Ourense, onde había ata finais dos anos 50 a máis extensa lagoa de auga doce (42 km²) da Península Ibérica, a Lagoa de Antela, a 611 m sobre o nivel do mar. Coñecida tamén como Lago Beón, en referencia ao xunco […]

Detalle na Laxe dos Carballos

Campo Lameiro. Parque Arqueolóxico e Roteiro polos ríos Maneses e Lérez

Lonxitude da ruta: 11 km aprox. (3 dentro do Parque e 8 polos ríos Maneses e Lérez) Desnivel: medio-baixo Dificultade: media-baixa (a dificultade ven dada polo terreo irregular) Comezamos a xornada visitando o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), situado en Campo Lameiro (Pontevedra), que dende xullo de 2011 pretende ser unha instalación senlleria na divulgación […]

Ruta por Fisterra

  Carballo verde, loureiro, carballo verde, loureiro: na terra donde me encontro é a parroquia de Sardiñeiro! Sábado, 12/11/2011 Lonxitude da ruta:  21,5 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada pola lonxitude da ruta e o desnivel) A ruta comezou en Sardiñeiro, terra natal de Suso, onde ao baixar do autocar atopámonos co seu […]

Roteiro por Compostela. Polos parques e xardíns de Compostela

Santiago conta con 2.200.000 metros cadrados de espazos verdes. As maiores superficies localízanse perto de lugares urbanizados como Fontiñas ou a Alameda, con 85000 m². A Almáciga, Bonaval e o Campus norte son outras das grandes superficies arboladas que invitan ao paseo. O martes 18, fixemos un interesante percorrido por parte dos parques e xardíns […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]