Arquivos de etiquetas: MPG

Xeira do MPG a Sálvora e Artes

O sábado 10 de setembro, os socios e socias do Museo do Pobo Galego fixemos unha excursión á ría de Arousa para visitar, primeiro, a illa de Sálvora onde realizamos as dúas rutas guiadas autorizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas e, posteriormente, o museo do gravado situado en Outeiro-Artes. Partindo de Aguiño, os viaxantes fomos […]

Xeira do MPG: Por terras de Covelo

As socias e socios do Museo do Pobo Galego fixemos unha nova xeira este outono e fomos ata terras de Covelo, na comarca da Paradanta, cun programa ben apretado e suxerente. Covelo atópase no extremo meridional da extensa cadea montañosa coñecida como a Dorsal Galega. Estamos pois nunha área de media montaña, a Serra do Suído, que durante séculos […]

Visita ao Val Miñor dos socios do MPG

Os socios do Museo do Pobo Galego viaxamos este sábado, 16 de novembro, ata o Val Miñor para coñecer aos amigos do Instituto de Estudos Miñoranos e o seu amplo e interesante labor de difusión cultural e recuperación do patrimonio. Recibíronnos na Aula de Cultura Ponte de Rosas, onde presentamos o nº 7 de ADRA, […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]