Arquivos de etiquetas: Mosteiro

Camiño de San Salvador 3. Poladura de la Tercia – Bendueños

Non pintaba nada ben a tardiña de onte en Poladura, pois viamos como as nubes comezaban a superar o sistema montañoso que tiñamos que superar hoxe e non sería nada bo facer a etapa raiña con néboa, pero unhas mulleres do lugar tranquilizaron onte a Xerardo, asegurándolle que íamos ter un fermoso día. E acertaron de […]

Ruta de Maquino Largaño

  Lonxitude: 16 km Desnivel: medio Dificultade: media O concello de Nogueira de Ramuín ten unha marabillosa ruta sinalizada, circular, que percorre os puntos de interese máis importantes do concello: bosques, aldeas, o Sil, San Estevo…. É a ruta de Maquino Largaño, que na lingua dos afiadores, o barallete, significa Camiño Longo, pois esta comarca […]

Ruta polo Parque Natural de Fragas do Eume

Desprazámonos desta vez ata As Neves, capital municipal do concello da Capela, para facer unha das rutas que paga a pena facer en Galicia, pois ímonos adentrar no Parque Natural das Fragas do Eume, declarado Parque Natural en 1997 e que constitúe a mellor representación do bosque Atlántico Termófilo de toda a Europa Atlántica tanto […]

Camiño de San Rosendo IV. De Celanova a Parderrubias

Con este percorrido completamos o camiño entre Santa Comba de Bande e a cidade de Ourense, que comezamos en febreiro do ano pasado. Antes de comezar a xornada, non me resistín ir visitar de novo o impresionante claustro de San Salvador, o que aproveito para comentaros un acontecemento que me lembrou a andarina Carmen, pois […]

Ribeira Sacra do Miño. Ruta por Belesar. PR-G 162 I

Esta ruta tiñamos pensado facela o sábado 8 de febreiro, pero por mor do tempo tan nefasto que estamos a ter neste inverno, decidiuse aprazala para este primeiro sábado de marzo. Para isto, fomos percorrer parte do sendeiro PR-G 162 en O Saviñao, concello enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de Terra de Lemos. Trátase da ruta […]

Ruta dos ríos de Vilacoba e San Xusto

O Sendeiro dos ríos Vilacoba e San Xusto, é unha ruta circular no concello de Lousame de 24 km de lonxitude, que fixemos nunhas seis horas. A ruta está ben sinalizada, anque tamén hei de dicir que en determinados puntos faltaba algunha que outra marca nalgún cruce, sobre todo cando pasamos por núcleos de poboación, pero […]

Camiño de San Rosendo II. De Celanova a Bande

Este sábado desprazámonos de novo ata a Baixa Limia, e fomos percorrer a segunda parte do Camiño de San Rosendo que iniciáramos no mes de febreiro. Nesta ocasión fixemos o tramo á inversa, de Celanova ata Bande, pois tiñamos visita concertada ao Mosteiro de Celanova pola mañá. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Celanova, a […]

Camiño de San Rosendo I

Este sábado desprazámonos ata a Baixa Limia, e fomos percorrer parte do Camiño de San Rosendo, que forma parte dos Camiños Naturais habilitados polo Ministerio de Medio Ambiente. Nesta ocasión fixemos o tramo de Santa Comba ata Bande. A ruta leva o nome de San Rosendo polo Santo que se coñece como o defensor e pacificador de […]

Ruta do Castelo da Pena e o Mosteiro do Bon Xesús

Fin de semana en Xinzo de Limia! Unha fin de semana para andar polas terras de A Limia e facer dúas interesantes rutas de sendeirismo nas que disfrutamos tanto de elementos naturais como culturais. Como me gustan estas escapadas de fin de semana! “A Limia é unha terra que ten leenda, tanta leenda que hastra din qu’hai elí […]

Paporrubio

Ruta por Esgos. San Pedro de Rocas

Desta volta fomos a Esgos, regresamos de novo á Ribeira Sacra, ese fermoso nome que nunca designou unha comarca ou entidade administrativa e que aínda hoxe, a pesar da súa fama, é de difícil delimitación. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (pode haber lama nos camiños) Mapa e perfil da ruta: […]

Nacemento do Miño. Serra de Meira e A Pastoriza

Comezamos a andaina no concello de Meira e rematámola no sur do concello da Pastoriza, na área recreativa de Baltar. Parte do sendeiro, no tramo da Pastoriza, está sinalizado e forma parte da rede galega de sendeiros homologados, o PR-G-153, e ten un alto interese paisaxístico e natural. Lonxitude da ruta: 18 km aprox. Desnivel: baixo […]

Ruta de Sobrado (Pobra de Trives)

Nesta fin de semana viaxamos ás terras de Trives. A Pobra de Trives está situada na zona interior da provincia de Ourense, na alta montaña. O seu territorio presenta grandes contrastes e está dominado polos cumes de Manzaneda. Trátase dun terreo escarpado con cumes de ata 1500 metros polo sur, na Serra de Queixa; estas montañas van […]

Pontes do Lérez (Forcarei)

  O sábado 29 de outubro de 2011, fomos de sendeirismo a Forcarei polas pontes do Río Lérez, unha ruta que forma parte da rede de sendeiros homologados de Galicia (PR-G 113). Lonxitude: 14 km aprox. Desnivel: baixo-medio (sobre todo de baixada) Dificultade: media-baixa (algúns puntos do camiño poden estar esvaradizos) Comezamos cunha pequena visita ao mosteiro de Santa María […]

Pazos de Arenteiro – Leiro e San Clodio

Lonxitude da ruta: 13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-baixa Antes de comezar a ruta e mesmo ao cruzar a ponte que nos leva a Pazos atopámonos cuns veciños na rúa atarefados coa matanza de dous porcos e utilizando aínda as pedras para limpar a súa pel, unha vez chamuscados con fieitos (nada de soplete!). […]