Arquivos de etiquetas: Montaña

Ruta de Sobrado (Pobra de Trives)

Nesta fin de semana viaxamos ás terras de Trives. A Pobra de Trives está situada na zona interior da provincia de Ourense, na alta montaña. O seu territorio presenta grandes contrastes e está dominado polos cumes de Manzaneda. Trátase dun terreo escarpado con cumes de ata 1500 metros polo sur, na Serra de Queixa; estas montañas van […]

Camiño da República

A terceira fin de semana de xuño fomos camiñar ata o concello da Fonsagrada, situado en pleno corazón das serras orientais de Galicia e enmarcado nunhas inmellorables paraxes de montaña que constitúen unha fronteira natural con Asturias, onde fixemos un par de rutas verdadeiramente recomendables. Que pouco coñecemos o interior do noso país! Estivemos aloxados en […]

Ruta das Esquivadas

Logo da pantagruélica cea, co almorzo pasounos algo parecido: froita variada, torradas, marmelada, margarina e bica con café con leite, cacao…. pero había que coller forzas para enfrontarnos ao monte das Esquivadas. Viva Casa Gerardo!! Ruta de As Esquivadas Domingo, 22/05/2011. Lonxitude: 15 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media Chandrexa de Queixa 2 Comprimido.zip Comezamos […]

Montederramo. Ruta do Santo

Sábado, 9 de abril de 2011 Lonxitude da ruta: 28,7 km aprox. Desnivel: alto Dificultade: alta Track Montederramo (comprimido).zip Realizamos a ruta coñecida como Ruta do Santo que comeza mesmo en Montederramo, xunto o seu coñecido mosteiro. O itinerario segue o camiño que o eremita San Mamede percorría para achegarse dende e súa ermida, no […]

Vilela. Serra do Farelo

Lonxitude da ruta: 16 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: media (é frecuente que a lama sexa abondosa nesta ruta) Track Vilela_Farelo_comprimido.gpx.zip O itinerario que fixemos hoxe está inspirado nunha ruta que aparece no libro Senderos y caminos. 35 rutas inéditas por Galicia, de Miguel Alvarez Soaje. Así que vaia por diante o noso agradecemento ao […]

Toques

Ruta de tipo circular polo Concello de Toques. 15/01/11 Lonxitude: 21 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-alta (ven dada polo desnivel, a lonxitude da ruta e a lama que se pode atopar no percorrido invernal) A primeira ruta do ano 2011 fixémola polo concello de Toques, onde pasamos por numerosos puntos de interese, ademais de disfrutar […]