Arquivos de etiquetas: Montaña

Ruta da Corga do Fecha, Cabaniña do Curro e a Vía Nova

Esta fin de semana fomos camiñar polo parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés. Estivemos aloxados en Lobios, no hotel Lusitano, en réxime de media pensión e moi ben atendidos, polo qque é un establecemento moi recomendable para achegarnos ata o parque natural. Creo que calquera vila da Galicia, sobre todo do interior, sentiríase […]

As Nogais

Imos ao concello de As Nogais a facer unha ruta por zona de montaña. Das que me gustan, vaia! Unha ruta moi recomendable, con bos camiños en xeral, cun alto interese natural e paisaxístico, na que a dificultade pode vir dada polo desnivel e a lonxitude. Lonxitude: 22 km Desnivel: medio-alto  (moi forte nalgúns puntos) Dificultade: media- alta Antes […]

Ruta do Val de Ponga

O segundo día achegámonos a San Xuan de Beleño (Beleñu), capital do concello de Ponga, para visitar o Centro de Interpretación do Parque Natural e, deste xeito, coñecer un pouco mellor os valores naturais, paisaxísticos e culturais destas terras… e non entendemos como hai partidos que se opoñen a que sexa declarado reserva da biosfera. […]

Pena de Fornos. Santalla de Bóveda

Xa hai anos que visitamos o monumento de Santalla de Bóveda, un dos nosos tesouros histórico-artísticos que, curiosamente, non é moi coñecido. Iniciamos a xornada facendo a visita a este edificio de época tardo romana da man de don Nicandro Ares, membro correspondente da RAG e estudoso da toponimia galega que, a pesares da súa afonía, deleitounos cos […]

Monte Capeloso. Entre o Cebreiro e o Courel

Viaxamos ata o concello de Pedrafita do Cebreiro, municipio fortemente influenciado pola súa relevancia no Camiño de Santiago, e comezamos a nosa ruta en Zanfoga, para facer un percorrido circular entre a parte norte do Courel e a zona do Cebreiro, que inclúe a subida ao cumio do Capeloso (1598 m), dende onde se goza dunhas panorámicas espectaculares. O […]

Pola Serra do Barbanza

Tiña moitas gañas de volver camiñar pola Serra do Barbanza, pois esta mesma ruta xa a fixemos en xaneiro, pero a néboa e a chuvia nos impediron gozar das paisaxes… polo que hoxe fixemos un novo intento. E qué día tivemos! non puido estar mellor para camiñar e gozar das vistas que temos ao longo de todo […]