Arquivos de etiquetas: Montaña

Ruta na zona de Troumouse

Esta xornada plantexouse como de descanso nesta estadía pirenaica, polo que uns aproveitamos para coñecer a vila de Luz-Saint-Sauveur, outros achegáronse ata a cercana Lourdes, facer algunha compra… e outros, os que aínda teñen suficientes forzas animáronse a unha actividade circular nunha zona espectacular deste sector pirenaico, o Cirque de Troumouse. Eu optei pola primeira opción de descansar, […]

Arredores de Luz-Saint-Sauveur

A actividade especial de verán que prepararon a FUSC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC para este ano ten carácter internacional. Viaxamos ao Pirineo francés, máis concretamente a Luz-Saint-Sauveur, no corazón do Parque National des Pyrénées, dende o 22 ata o 28 de xullo, para practicar sendeirismo durante cinco intensos días por un entorno espectacular. […]

Preme nas imaxes para velas a tamaño completo

De Cádavos a Moimenta e o Trilho da Calçada

Visitamos o parque natural do Montesinho, situado no noreste de Portugal, preto do concello ourensan da Mezquita. O Parque Natural de Montesinho é un dos maiores parques naturais dos doce existentes no país veciño. Está situado na rexión de Trás-os-Montes, e cobre a parte norte dos municipios de Bragança e Vinhais, que forman parte da denominada Terra […]

Ruta da Brañina

A ruta comeza en Rabanal de Abajo, a 3,5 km de Villablino, polo que se pode facer perfectamente dende esta vila. É unha ruta esixente, con forte desnivel, tanto de subida como de baixada. Transcorre entre unha das zonas boscosas máis interesantes da bisbarra debido á extensión da mesma e o seu estado de conservación. Ten […]

De Tejedo del Sil ata Camposagrado

Lonxitude: 15 km Desnivel: medio Dificultade: media Para facer esta ruta temos que desprazarnos dende Villablino ata o veciño concello de Palacios del Sil. A ruta comeza en Tejedo del Sil (Teixéu). A poboación de Teixéu aséntase no espazo natural do Alto Sil, lindante coas terras asturianas de Zarréu (Degaña) e as leonesas de Villablino (Vitsablinu). Comezamos a […]

Ruta do Bosque Mixto de Caboalles

Regresamos a Villablino para poder gozar desa fermosa zona montañosa leonesa quizais na estación máis interesante, o outono. Tiña os meus temores de que o outono aínda non se notara con plenitude, coma nos Ancares ou o Courel, pero xa dende que entramos no Bierzo con todas as viñas de mencía cun morado espectacular, decateime de […]

Monte das Lampas. Entre O Cebreiro e O Courel

Que gañas tiña de retomar as rutas da USC! Logo da pequena paréntese de inactividade apunteime a esta andaina un pouco temeroso, pois non tiña a certeza de se aguantaría o percorrido pola serra despois de tanto tempo inactivo, pero a experiencia foi amplamente superada. E nada mellor para facelo que ir ata o cconcello de Pedrafita […]

Camiño de San Salvador 5. Mieres – Oviedo

Malia que para estes cinco días non levei a cámara fotográfica (saqueina a última hora da mochila) e, como mal menor, usei a do teléfono móbil para fotografar estas paraxes, ademais de aproveitarme das fotos que tira o Jaime, gardarei sempre un grato recordo deste Camiño, o meu primeiro Camiño. Lonxitude: 18 km (4,4 km/h) […]

Camiño de San Salvador 4. Bendueños – Mieres del Camín

Logo da fermosa e dura etapa do día de onte, hoxe tocounos unha máis cómoda e curta, picando sempre para abaixo, pero con algún pequeno repeito. Mágoa da gran cantidade de quilómetros por asfalto que hai que andar! Lonxitude: 24 km (4,6 km/h) Desnivel: Medio Dificultade: Media Ás 7:30 da mañá a hospitaleira Sandra presentouse […]

Camiño de San Salvador 3. Poladura de la Tercia – Bendueños

Non pintaba nada ben a tardiña de onte en Poladura, pois viamos como as nubes comezaban a superar o sistema montañoso que tiñamos que superar hoxe e non sería nada bo facer a etapa raiña con néboa, pero unhas mulleres do lugar tranquilizaron onte a Xerardo, asegurándolle que íamos ter un fermoso día. E acertaron de […]