Arquivos de etiquetas: Igrexa

Ruta polos socalcos de Belesar

O percorrido que fixemos está inspirado nun itinerario do usuario jesussimon, que ten colgado da web de Wikiloc. Por se alguén non o sabe, neste sitio web compártense as rutas de diferentes camiñantes e sendeiristas, ciclistas… de todo o mundo, con descricións, mapas, fotos, comentarios… sen dúbida un bó recurso para todos nós. Lonxitude da […]

De Noia a Porto do Son (pola costa)

Comezamos esta ruta na praia de Testal, nas proximidades de Taramancos, no concello de Noia, e lévanos ata Porto do Son, todo pola costa, cruzando diferentes e numerosas praias. Lonxitude da ruta: 17  km aprox. Desnivel: moi baixo Dificultade: media Noia Porto do Son gpx.zip Como final de tempada fomos disfrutar dunha ruta que conta con […]

Polas parroquias de Boqueixón

Para finalizar a tempada de Roteiros fixemos esta ruta que transcorre por zonas rurais do veciño concello de Boqueixón, onde se ergue un dos montes máis míticos e recoñecidos de Galicia, o Pico Sacro, pero desta vez fomos camiñar polas parroquias de Vigo e Lamas, ao norte do concello. Reunímonos fronte á igrexa Parroquial de Santa […]

Roteiro polo Tambre. Da ponte de Portomouro a Lens

Continuamos coñecendo o río Tambre, e fomos ata onde o deixamos o mes pasado, Portomouro. O primeiro tramo do camiño non foi pola mesma beira do río, pero fomos disfrutando da paisaxe agraria ampla e sempre co río moi perto. A segunda parte do percorrido xa foi acompañando as augas río abaixo. Neste tramo, o […]

Ruta pola Lagoa de Antela e os Montes de Cerredelo

Como xa comentei no roteiro de onte, estamos na Limia Alta, ao sur da provincia de Ourense, onde había ata finais dos anos 50 a máis extensa lagoa de auga doce (42 km²) da Península Ibérica, a Lagoa de Antela, a 611 m sobre o nivel do mar. Coñecida tamén como Lago Beón, en referencia ao xunco […]

De Carballiño a Pazos de Arenteiro e Leiro

Esta fin de semana fomos ata as Terras do Avia, para facer o Roteiro do río Arenteiro. A ruta comeza no Carballiño e remata en Pazos de Arenteiro, 14 km pero, como tiñamos gañas de camiñar, continuamos ata Leiro, 5 km máis. Lonxitude da ruta: 19 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada polo […]

Ruta de Sobrado (Pobra de Trives)

Nesta fin de semana viaxamos ás terras de Trives. A Pobra de Trives está situada na zona interior da provincia de Ourense, na alta montaña. O seu territorio presenta grandes contrastes e está dominado polos cumes de Manzaneda. Trátase dun terreo escarpado con cumes de ata 1500 metros polo sur, na Serra de Queixa; estas montañas van […]

Ruta por Fisterra

  Carballo verde, loureiro, carballo verde, loureiro: na terra donde me encontro é a parroquia de Sardiñeiro! Sábado, 12/11/2011 Lonxitude da ruta:  21,5 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (a dificultade ven dada pola lonxitude da ruta e o desnivel) Track GPS Fisterra (Comprimido).zip A ruta comezou en Sardiñeiro, terra natal de Suso, onde ao baixar do […]

Refuxio de Verdes a Anllóns (Ponteceso)

O Sábado, 17 de setembro de 2011, fomos percorrer parte do río Anllóns case no seu tramo final. O río Anllóns nace nos montes de Xalo, e desemboca na ría de Corme e Laxe. Percorre 54,4 km dos concellos de Cerceda, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria no 2001. […]

De Ponteceso ao Castro de Borneiro

… Polo chan de Borneiro, de cativos pinales, cuase pasaba arrentes, do dolmen de Dombate … Eduardo Pondal Sábado, 9 de xullo de 2011 Lonxitude da ruta: 12 km aprox. Desnivel: baixo-medio Dificultade: baixa-media Track GPS Ponteceso-Borneiro (Comprimido).zip A maior parte da ruta discorreu polo concello de Cabana, pois en Ponteceso demos un pequeno paseo pola vila […]

Castelo de Pambre e Torrentes do Mácara

Percorrido polas terras altas do Ulla e Castelo de Pambre Sábado, 11.06.2011. Lonxitude da ruta: 12/13 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media (algún tramo rochoso e esvaradizo no río) Track Pambre (comprimido).zip Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte […]

Roteiro por Compostela. Monte do Gozo. Bando. Aríns

Xoves, 19/05/2011 Lonxitude: 10 km aprox. Dificultade: baixa Desnivel: baixo-medio Saíndo dende o Pazo de Congresos, dirixímonos cara o Monte do Gozo. Desde alí continuamos cara a parroquia de Santa Eulalia de Bando e, antes de regresar pasamos perto igrexa de San Martiño de Aríns. Durante o traxecto alternaron os tramos por pista asfaltada con […]

Excursión MPG: Traba, Camelle, Batáns do Mosquetín, Torres de Allo

Xeira de socias e socios do Museo do Pobo Galego á Costa da Morte o sábado 12/03/2011.   Camelle non é Camelle que é un porto de mar: onde navega o meu amante, onde o vin navegar Primeiramente, visitamos a igrexa parroquial de Santiago de Traba, no corazón do val de Traba e onde se celebra unha […]

Toques

Ruta de tipo circular polo Concello de Toques. 15/01/11 Lonxitude: 21 km aprox. Desnivel: medio Dificultade: media-alta (ven dada polo desnivel, a lonxitude da ruta e a lama que se pode atopar no percorrido invernal) A primeira ruta do ano 2011 fixémola polo concello de Toques, onde pasamos por numerosos puntos de interese, ademais de disfrutar […]